Frances Farmer

actriz estadounidense

Frances Elena Farmer, nada en Seattle o 19 de setembro de 1913 e finada en Indianapolis o 1 de agosto de 1970, foi unha actriz e presentadora de televisión estadounidense. Apareceu en máis dunha ducia de filmes durante a súa carreira, aínda que gañou notoriedade polas historias sensacionalistas da súa vida, especialmente o seu encerro involuntario en hospitais psiquiátricos e os seus problemas coa saúde mental.

Infotaula de personaFrances Farmer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 1970 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Indianapolis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro do esófago e cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIndiana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington
West Seattle High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLeif Erickson (1936–1942)

IMDB: nm0002068 Allocine: 35350 Allmovie: p22627 TCM: 59813 IBDB: 41092
WikiTree: Farmer-4864 Find a Grave: 1482 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Farmer naceu en Seattle, filla máis nova de Ernest Melvin Farmer (1874-1956), un avogado,[1] e de Lillian Farmer (de solteira, Van Ornum; 1873-1955) que rexentaba unha pensión e traballaba como dietista.[2] Frances tiña dúas irmás e un irmán. Tras gañar un concurso literario en 1931 durante o seu último ano de instituto cun ensaio que resultou moi controvertido, "God Dies" ("Deus morre"),[3] foi acusada de atea.[4]

Comezou a estudar xornalismo na Universidade de Washington[5] e compaxinou os estudos con actuacións nas obras teatrais organizadas pola universidade.[6] En 1935 gañou un concurso para suscritores dun xornal de esquerdas, The Voice of Action.[7] O primeiro premio era unha viaxe á Unión Soviética, que ela aceptou a pesar da forte obxección da súa nai, para poder ver o pioneiro Teatro da Arte de Moscova. Ese interese fomentou o rumor de que ademais de atea era comunista.[8] Ese mesmo ano graduouse en arte dramática na universidade.[5][9]

Ao seu regreso da Unión Soviética ese verán, detívose en Nova York para comezar unha carreira real como actriz de teatro.[10] Porén, foi descuberta por un cazatalentos que lle ofreceu un contrato de sete anos na Paramount.[11] Farmer, que tiña vinte e dous anos, mudouse a Hollywood e casou co actor Leif Erickson.[12] O seu carácter orgulloso e obstinado fixo que perdese rapidamente a súa popularidade en Hollywood, o que a levou de novo ao teatro, que compaxinou máis tarde co cinema, de novo na Paramount.

Mentres, o seu matrimonio desintegrárase, e o seu marido comezara a saír coa actriz Margaret Hayes.[13] O divorcio finalizou o 12 de xuño de 1942[14] e Erickson casou con Hayes o mesmo día.[13] A partir deste momento viuse envolta nunha espiral de escándalos. Foi arrestada por conducir ebria,[15] denunciada por un peiteador do estudio ao que supostamente dislocou a mandíbula dun golpe e durante as audiencias perante o tribunal por este feitos agrediu fisicamente os policías e o xuíz.[16] Levárona entón a un hospital psiquiátrico dos Ánxeles,[17] onde a diagnosticaron de psicose maníaco-depresiva[18] e máis tarde de esquizofrenia paranoica.[19] Foi sometida a inxeccións de insulina[19] e permaneceu recluída nove meses ata que escapou do centro.

Volveu de novo a Seattle cos seus pais,[20] mais as discusións coa súa nai eran continuas e tras agredila fisicamente foi recluída de novo durante tres meses nun psiquiátrico de Washington, onde recibiu un duro tratamento a base de electrochoques. Aos 32 anos volveu ao mesmo psiquiátrico, onde esta vez permaneceu cinco anos, en que ademais da terapia de electrochoques supostamente foi violada repetidas veces co consentimento dos médicos do centro e foille practicada unha lobotomía, aínda que isto non está comprobado: non consta nos arquivos do hospital, a pesar de que nesa época a lobotomía se consideraba un método innovador e non se ocultaba. En 1983 varios xornais de Seattle entrevistaron antigos membros do persoal do centro, incluíndo todas as enfermeiras da sala de lobotomía durante os anos que Farmer estivo ingresada e todas dixeron que non foi paciente alí.[21] A suposta lobotomía foi mencionada por primeira vez en 1978 polo crítico de cinema William Arnold no seu libro Shadowland e as supostas brutalidades durante a súa estadía de cinco anos tamén se fixeron públicas trala súa morte na autobiografía póstuma Will There Really Be a Morning?, publicada pola súa amiga Jean Ratcliffe. Existen sospeitas de que a propia Ratcliffe a escribiu ou que esaxerou certas partes, aínda que afirmou que só escribira a parte final sobre a morte de Farmar.[22]

Despois desta etapa, en 1954, casou con Alfred H. Lobley[23] e traballou uns anos como secretaria en Eureka, California.[24][25] Máis tarde coñeceu a Leland C. Mikesell, que lle procurou traballo no hotel Sheraton de San Francisco como recepcionista[26][24] e a animou a escribir un artigo coas súas experiencias, o que volveu atraer a atnción sobre ela. Nunha entrevista na revista Modern Screen dixo: "Non culpo a ninguén pola miña caída... Creo que gañei a loita por controlarme".[27] Apareceu en dúas ocasións en The Ed Sullivan Show e en This is Your Life, en que o presentador Ralph Edwards lle preguntou sobre o seu suposto alcoholismo: "Outras historias acúsante de ser unha alcohólica. Éralo, Frances?". Ela contestou: "Non, nunca fun unha alcohólica". Tras divorciarse de Lobley casou con Mikesell.[28] Este terceiro matrimonio acabou en divorcio en 1963.

Posteriormente traballou na televisión, especialmente no programa Frances Farmer presents (1958-1964) onde se mostraba como unha anfitrioa amable. A súa última interpretación foi na obra teatral The Visit en 1965. Fora despedida da televisión novamente polo seu comportamento errático. Farmer e a súa amiga Jean Ratcliffe intentaron crear unha empresa de cosméticos mais o proxecto fracasou cando a súa investidora malversou os fondos.[29]

Farmer faleceu en 1970 aos 56 anos dun cancro de esófago, que se atribuíu ao seu tabaquismo.[30] Está enterrada no cemiterio Oaklawn Memorial Gardens en Fishers (Indiana).[31]

Na cultura popular editar

En 1982, Jessica Lange interpretou a Farmer no filme Frances; no filme móstrase a Farmer sendo lobotomizado, o que é moi discutido.[32] O ano seguinte estreouse unha adaptación televisiva de Will There Really Be a Morning? con Susan Blakely como Farmer.[33] En 1984 produciuse outro filme baseado na súa vida, Committed.[34]

Na música, aparece nas cancións "The Medal Song" (1984) de Culture Club, "Frances Farmer" (2004) de Patterson Hood, "Ugly Little Dreams" (1985) de Everything but the Girl,[35] "Paint By Numbers (Song For Frances)" de Romanovsky and Phillips e "Frances Farmer Will Have Her Revenge on Seattle" (1993) de Nirvana no seu álbum In Utero.[36] A compositora francesa Mylène Farmer escolleu o seu nome artístico como homenaxe á actriz. É mencionada en "Lobotomy Gets Them Home" (1989) no álbum de The Men They Couldn't Hang Silvertown. Foi o tema dunha obra teatral de Sally Clark, Saint Frances of Hollywood (1996).[37]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1936 Too Many Parents Sally Colman [38]
1936 Border Flight Anne Blane [39]
1936 Rhythm on the Range Doris Halliday [40]
1936 Come and Get It Lotta Morgan/Lotta Bostrom Tamén coñecido como Roaring Timber[41] [42]
1937 Exclusive Vina Swain [43]
1937 The Toast of New York Josie Mansfield [44]
1937 Ebb Tide Faith Wishart [45]
1938 Ride a Crooked Mile Trina Tamén coñecido como Escape from Yesterday e The Last Ride [46]
1940 South of Pago Pago Ruby Taylor [47]
1940 Flowing Gold Linda Chalmers [48]
1941 World Premiere Kitty Carr [49]
1941 Badlands of Dakota Calamity Jane [50]
1941 Among the Living Elaine Raden [51]
1942 Son of Fury: The Story of Benjamin Blake Isabel Blake [52]
1943 I Escaped from the Gestapo Tamén coñecido como No Escape[53] [54]
1951 Studio One Episodio: "They Serve The Muses" [55]
1951 Studio One Episodio: "The Dangerous Years" [55]
1958 Playhouse 90 Val Schmitt Episodio: "Reunion" [56]
1958 Matinee Theatre Episodio: "Something Stolen, Something Blue" [56]
1958 Studio One Sarah Walker Episodio: "Tongues of Angels" [57]
1958 The Party Crashers Mrs. Bickford [58]
1958–1964 Frances Farmer Presents Presentadora [59]
1959 Special Agent 7 Episodio: "The Velvet Rope" [55]

Notas editar

  1. Shelley 2010, p. 6.
  2. Shelley 2010, p. 44.
  3. Estrin, Eric (23 de xaneiro de 1983). "The Unraveling of Frances Farmer". The Washington Post (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  4. Shelley, Peter (2013). McFarland, ed. Frances Farmer: The Life and Filmes of a Troubled Star. p. 6. ISBN 978-0-7864-4745-9. 
  5. 5,0 5,1 Farmer 1972, p. 48.
  6. Agan 1979, pp. 11–13.
  7. Agan 1979, p. 11.
  8. Shelley 2010, p. 8.
  9. "Frances Farmer Biography". The Biography Channel (en inglés). A&E Television Networks. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  10. Shelley 2010, pp. 9–11.
  11. Shelley 2010, p. 10.
  12. Shelley, Peter (2013). McFarland, ed. Frances Farmer: The Life and Filmes of a Troubled Star. p. 8. ISBN 978-0-7864-4745-9. 
  13. 13,0 13,1 Shelley 2010, p. 27.
  14. "Frances Farmer Returns To Hollywood For Another Try At Career". Ellensburg Daily Record (Ellensburg, Washington). 23 de decembro de 1957. p. 10. Consultado o 16 de agosto de 2014 – vía Google News. 
  15. Shelley 2010, p. 236.
  16. Shelley 2010, pp. 32–34.
  17. Shelley 2010, p. 32.
  18. Commire & Klezmer 2000, p. 390.
  19. 19,0 19,1 Shelley 2010, p. 33.
  20. Shelley 2010, p. 53.
  21. "History of Northern State Hospital, of Sedro-Woolley, Washington Part. 1:Introduction and overview" (en inglés). 2012. 
  22. Rose, Rita (30 de marzo de 1983). Frances Farmer's life surfaces in films, plays (en inglés). The Deseret News. p. 9. 
  23. Shelley 2010, pp. 51–54.
  24. 24,0 24,1 Shelley 2010, p. 43.
  25. Agan 1979, pp. 29–30.
  26. Agan 1979, p. 30.
  27. DeBlasio, Ed (decembro de 1957). "The Seven Christmases of Frances Farmer". Modern Screen: 90. ISSN 0026-8429 – vía Internet Archive. 
  28. Shelley 2010, p. 58.
  29. Farmer, Frances (1983). Will There Really Be a Morning? (en inglés). Londres: Fontana. p. 310-311. ISBN 0-00-636526-4. 
  30. Sellers 2010.
  31. Stoner 2011, p. 20.
  32. Shelley 2010, p. 217.
  33. Rothenberg, Fred (22 de febreiro de 1983). "TV movie about Frances Farmer differs in focus from theater version". The Day. p. 24. Consultado o 26 de agosto de 2014 – vía Google News. 
  34. Shelley 2010, p. 227.
  35. Shelley 2010, p. 65.
  36. Fricke, David (16 de setembro de 1993). "In Utero". Rolling Stone. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  37. Hoban, Phoebe (30 de xullo de 2005). "A Rising Star's Startling Flameout". The New York Times. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  38. Shelley 2010, p. 69.
  39. Shelley 2010, p. 75.
  40. Shelley 2010, p. 80.
  41. Nugent, Frank S. (2007). "Come and Get It (1936)". Movies & TV Dept. The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2007. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  42. Shelley 2010, p. 91.
  43. Shelley 2010, p. 99.
  44. Shelley 2010, p. 110.
  45. Shelley 2010, p. 113.
  46. Shelley 2010, p. 121.
  47. Shelley 2010, p. 127.
  48. Shelley 2010, p. 139.
  49. Shelley 2010, p. 150.
  50. Shelley 2010, p. 155.
  51. Shelley 2010, p. 161.
  52. Shelley 2010, p. 165.
  53. "I Escaped From The Gestapo (1943)". Turner Classic Movies. Turner Entertainment Networks, Inc. Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  54. Shelley 2010, p. 240.
  55. 55,0 55,1 55,2 Parish, James Robert (1990). The Complete Actor's Television Credits, 1948–1998 Vol. 2. Scarecrow Press. p. 112. ISBN 0-8108-2258-X. 
  56. 56,0 56,1 Shelley 2010, p. 194.
  57. Shelley 2010, p. 200.
  58. Shelley 2010, p. 187.
  59. Shelley 2010, p. 201.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar