François-Étienne de La Roche
François-Étienne de La Roche, ou Delaroche, como é máis coñecido, nado 1781 en Xenebra e finado en 1813 en París, foi un médico e naturalista suízo.
François-Étienne de La Roche | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1781 |
Lugar de nacemento | Xenebra |
Falecemento | 23 de decembro de 1813 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Cemiterio do Père-Lachaise |
Nacionalidade | Republic of Geneva |
Alma máter | Universidade de París |
Ocupación | naturalista, médico, botánico e ictiólogo |
Pai | Daniel de La Roche |
Nai | Marie Castanet |
Irmáns | Michel Delaroche e Alphonsine de La Roche |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Era fillo de Daniel De la Roche (1743-1812), médico de Xenebra formado e Edimburgo e amigo de Louis Odier (1748-1817). Despois de exercer a medicina durante varios anos en Xenebra, Delaroche pai trasladouse a París como médico do duque de Orleáns (o que foi chamado Filipe Igualdade, pai do rei de Francia Luís Filipe I). Máis tarde traballou como médico na Casa de Saúde do Faubourg Saint-Martin.
François Delaroche é sobre todo conñecido polos seus traballos sobre a calor específica dos gases, efectuados conxuntamente con Jacques-Etienne Bérard, polos que recibiu en 1812 o gran premio de física da Académie des sciences de París.
Así mesmo é moi famoso polos seus traballos de zooloxía, concretamente sobre os peixes, en particular as súas Observations sur des poissons recueillis dans un voyage aux îles Baléares (1809), Observations sur quelques poissons indiqués dans le précédent tableau et descriptions des espèces nouvelles ou peu connues (1809) e Observations sur la vessie aérienne des poissons.