Fotografía de paisaxe

A paisaxe foi un dos motores da evolución da Historia da fotografía. Non podemos esquecer que a mirada fotográfica máis antiga da que temos coñecemento resulta ser unha paisaxe rural que Joseph Nicéphore Niépce nos legou no seu Punto de vista dende a fiestra de Gras, 1826. Vista urbana ou vista natural os nosos pioneiros documentaron o desenvolvemento social das nosas comunidades partindo daquelas paisaxes mortas, onde ninguén parecía habitar, dada conta das limitacións técnicas da época.

Punto de vista dende a fiestra de Gras
Desde a Serra do Pindo

A estas propostas fotográficas seguiron outras onde os polos do realismo e do idealismo, unha e outra vez, alternaron a súa influencia. Iso levounos ata unha paisaxe cribada a través das experiencias formais das vangardas ou das demostracións de dominio do medio de Ansel Adams. A visión moderna do espazo encontra os seus precedentes na Historia da fotografía, pero sobre todo no cambio á posmodernidade ofrecido polas achegas de William Eggleston, especialmente co seu uso da cor e a súa preocupación por trasladar a atención fotográfica a ese ningún-lugar-en-particular do que tanto beberon as diversas fornadas de artistas europeos da Nova Topografía, durante os anos 1980 e 1990.

A fotografía de paisaxe nos seus inicios editar

Tras os primeiros avances científicos no campo da técnica fotográfica desenvólvese amplamente este xénero fotográfico motivado por diferentes aspectos como os seus valores memorísticos, pola curiosidade científica, por afáns puramente comerciais ou por cuestións relacionadas coa creatividade.

Dado que os tempos de exposición necesarios eran moi amplos as paisaxes urbanas ou rurais foron fotografadas cando non hai nada en movemento a fin de evitar que saísen borrosas. A isto se debe esa impresión de espazos mortos que podemos observar nas primeiras fotografías de paisaxe.

 
Vilagarcía

Meses despois de que a fotografía se presentase publicamente, un óptico chamado Noël Paymal Lerebours enviou a un equipo de fotógrafos por todo o mundo co fin de captar imaxes con destino á súa comercialización posterior na colección "Excursións daguerrianas". Outra iniciativa similar, pero de carácter máis científico, foi a do Barón Jean-Baptiste Louis Gros quen, diplomático de profesión, se dedicou a tomar imaxes dos lugares onde estivo destinado.

Os fotógrafos afeccionados sacan vistas das súas cidades, xardíns, bosques etc., o que permite a documentación das diferentes paisaxes do mundo.

Desta forma podemos comprobar que a fotografía se converte na grande aliada de diversas disciplinas artísticas como a arqueoloxía, ó documentar os principais monumentos ou contornos, a etnografía, antropoloxía, bioloxía etc.

Intimamente ligada á fotografía de paisaxe se desenvolve nesta época a fotografía de viaxes.

Xunto ás imaxes de paisaxes dos pioneiros da fotografía, Niepce, Daguerre, Hippolythe Bayard e William Fox Talbot, neste campo desenvolveron os seus traballos nos inicios da fotografía, autores como Frederick Catherwood, Désiré Charnay, Théodore Tiffereau, Carl Ferdinand Stelzner, Joseph Philibert Girault de Prangey, os irmáns Langenhein, Friedrich von Martens, Gustave Le Gray, Nadar -coas súas fotografías aéreas-, Louis Auguste Bisson e Auguste-Rosalie Bisson, Adolphe Braun, Francis Frith, Timothy O`Sullivan, Carleton Watkins, Henry Jackson, Philip Henry Delamotte, John Thompson, Robert Mac Pherson ou James Anderson.