Unha fosa abisal ou fosa submarina é unha depresión longa, profunda e estreita no fondo oceánico. Caracterízase pola falta de luz e correspóndese con profundidades superiores ós 2.000 ou 6.000 metros, chegando ata os 11.000 metros. A súa fauna ten que soportar as presións inmensas das profundidades do océano. Estas rexións caracterízanse tamén polo frío continuo e a escaseza de alimentos.

Principais fosas submarinas

editar
Fosa oceánica Localización Profundidade (m)
Fosa Challenger ou das Marianas Pacífico (S Illas Marianas) 11.033
Fosa de Tonga Pacífico (NE Nova Zelandia) 10.822
Fosa do Xapón Pacífico (leste do Xapón) 10.554
Fosa das Kuriles o de Kamchatka Pacífico (S Illas Kuriles) 10.542
Fosa de Mindanao Pacífico (E Illas Filipinas) 10.497
Fosa de Kermadec Pacífico (NE Nova Zelandia) 10.047
Fosa de Porto Rico Atlántico (E Porto Rico) 9.200
Fosa de Bougainville Pacífico (E Nova Guinea) 9.140
Fosa das Sandwich do Sur Atlántico (E Illas Sandwich) 8.428
Fosa do Perú-Chile ou Fosa de Atacama Pacífico (O do Perú e Chile) 8.065
Fosa das Aleutianas Pacífico (S Illas Aleutianas) 7.822
Fosa das Caimán Mar Caribe (S Cuba) 7.680
Fosa de Xava Índico (S Illa de Xava) 7.450
Fosa de Cabo Verde Atlántico (O Illas Cabo Verde) 7.292

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.