Abrir o menú principal
Pedra de armas de Forbach

Forbach é unha pequena cidade francesa do departamento de Mosela, na rexión de Lorena. Ten 22.450 habitantes, consonte datos de 2007. Está situada a 15 km de Saarbrücken (Alemaña) e a 120 km de Estrasburgo.

HistoriaEditar

 
Rúa de Forbach no centro.

Durante a guerra dos Trinta Anos, Forbach foi escenario de enfrontamentos armados. O castelo de Schlossberg e a muralla que o protexía foron derrocados en 1635 por orde do cardeal Richelieu. En 1739 naceu nesta cidade o xeneral Jean Nicolas Houchard, figura salientábel da Revolución Francesa e do imperio de Napoleón I.

A liña de tren entre Metz e Forbach foi inaugurada en 1851 e no ano seguinte a de Saarbrücken. A partir de mediados do século XIX tres famílias influentes dominaron a súa vida política, económica e social. Estas foron os De Wendel, os Couturier e máis os Adt. Despois da batalla de Spicheren, no marco da guerra franco-prusiana, en 1870 Forbach foi anexionada ao Reich alemán, como o resto de Lorena, do que formou parte até o final da Primeira Guerra Mundial, momento no que Lorena (e Alsacia) foron recuperadas polo estado francés.

Durante boa parte da Segunda Guerra Mundial, Hitler anexionou a rexión de Mosela ao Terceiro Reich.

Véxase taménEditar