Fontecabalos, Lalín

entidade menor e antiga parroquia eclesiástica galega

San Mamede de Fontecabalos era unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Situado na altiplanicie de Mouroces.

Fontecabalos
Local social de Fontecabalos.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Foi sé do arcediago de Deza. Foi lugar de paso da cabalería que viña de Brántega, Agolada, Melide e Arzúa.

San Mamede de Fontecabalos foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de Santiago de Sello. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Fontecabalos como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[2][3]

Estaba formada polos lugares de Cima de Sello, Fontecabalos e Xesteira.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar