Fontao, A Teixeira
parroquia civil do concello da Teixeira
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fontao.
San Bartolomeu de Fontao é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.
Fontao | |
---|---|
Concello | A Teixeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′53″N 7°27′38″O / 42.39813889, -7.46066667 |
Poboación | 3 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A aldea de Fontao, deshabitada, foi mercada en 1964 pola compañía hidroeléctrica Saltos del Sil (na actualidade pertencente a Iberdrola). No ano 2009, esta empresa demoliu a capela de San Martiño, do século XIX, malia estar protexida por patrimonio e pola normativa municipal[2].
Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980 e os seus lugares incorporados a Lumeares.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Fontao
editarLugares da parroquia de Fontao no concello da Teixeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias da Teixeira
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Iberdrola derribó una iglesia catalogada para construir una presa", artigo de Cristina Huete en El País, 29 de maio de 2010 (en castelán).
- ↑ Fernández Otero, José Carlos (1985). Guia de la Diócesis de Orense (en castelán). Diocese de Ourense. pp. 55 e 169. ISBN 84-398-4822-6.