Fita adhesiva

fita para unir obxectos

A fita adhesiva[1] é unha fita preparada que se utiliza para unir obxectos de maneira temporal, e ás veces tamén de forma permanente, ou simplemente para cubrir un obxecto cunha película protectora. A fita adhesiva xeralmente preséntase en forma de rolo, e elabórase con caucho sen tratar, levando unha emulsión adhesiva por unha cara, aínda que existen variedades adhesivas por ambas as caras.

Dous tipos de fitas adhesivas.

Historia

editar

Foi inventada en 1925 por Richard Drew, da empresa 3M (Minnesota Mining and Manufacturing).[2] A fita orixinal era de papel coa substancia adherente no dorso, e a partir desta creáronse as fitas transparentes e outras.

O invento de Drew foi comercializado como Scotch Tape.

 
Fitas adhesivas gaffer.[3]

Uso na arte

editar

A fita adhesiva é utilizada por artistas contemporáneos que se inspiran nela e a usan como material de creación. Por exemplo, o francés Yorga considera a fita adhesiva como unha arte en si mesma.[4] E o inglés Jim Lambie utilizouna como un parterre coas cores do arco da vella, o franco-belga Olivier Blanckart creou esculturas orixinais, e o belga Gilcozar utilízaas esmagándoas sobre o lenzo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fita.
  2. Taking Scotch® Tape to New Lengths — The evolution of a household product Arquivado 04 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. En 3M Innovation (en inglés)
  3. As gaffer ou gaffer-tapes son fitas adhesivas moi anchas utilizadas polos técnicos que traballan no cinema, a televisión e os espectáculos (música, teatro etc.). Son moi resistentes, pero fáciles de cortar a man. Teñen un bo agarre, pero doadas de retirar, deixando puocos residuos. Moi versátiles, permiten colocar obxectos, pegándoos no chan ou sobre unha parede, e serven para marcar lugares se situiación, facer reparacións de urxencia etc.
  4. Yorga tisse sa toile Arquivado 05 de decembro de 2014 en Wayback Machine. En vivre-a-niort.com, 26 de xuño de 2012 (en francés).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar