Emulsión
Unha emulsión[1] é unha mestura estable (se se lle agrega un emulsionante) e homoxénea de dous líquidos que normalmente non son solubles entre eles, (son inmiscibles entre eles), como aceites varios, tales como o aceite de oliva e auga. Cando estes dous líquidos están nun mesmo recipiente denomínanse fases. Exemplos comúns de emulsións son o leite, a maionesa e o fluído de corte que se emprega en metalurxia. As emulsións poden ser coloides reais ou mesturas menos estables, como certos aliños de ensalada.
Tipos de emulsións
editarA maior parte das emulsións constan dun líquido polar, como a auga, e outro apolar, como o aceite e a maioría de disolventes orgánicos. Por este motivo tradicionalmente se denominan auga e aceite aos dous compoñentes das emulsións. Cando a emulsión é estable, un dos líquidos atópase formando pequenas gotas no interior do outro. Segundo cal sexa o líquido disperso en gotas distínguense dous tipos de emulsións: de auga en aceite (emulsións W/O) e de aceite en auga (emulsións O/W). En xeral, os mesmos dous líquidos poden formar ámbolos tipos de emulsións, dependendo de cal sexa a temperatura e a concentración relativa dos compoñentes.
Tamén poden existir emulsións triplas do tipo W/O/W ou do tipo O/W/O.
Emulxente
editarUnha emulsión pode desfacerse, (separarse os dous líquidos) por factores como a manipulación mecánica ou por efectos químicos, como cando o leite é cortado por vinagre ou zume de limón.
Un emulxente ou emulsionante é unha substancia que axuda na formación dunha emulsión, como o son a xema de ovo na maionesa. Outro tipo de emulsionante é o deterxente, que se une tanto ás graxas como á auga, mantendo gotas microscópicas de graxa en suspensión. Este principio emprégase nos preparados para lavalouza.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emulsión.