Finnian de Clonard
Finnian de Clonard, nado cara o 470 en Myshall, condado de Carlow, no reino de Leinster e finado o 12 de decembro de 549 en Clonard, foi un dos primeiros monxes irlandeses, fundador e primeiro abade da Abadía de Clonard, posiblemente bispo da mesma diocese, e mestre dos Doce Apóstolos de Irlanda. Xunto a san Enda de Aran, é considerado un dos pais do monacato en Irlanda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 470 (Gregoriano) Myshall, Irlanda (pt) |
Morte | 549 (78/79 anos) |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Membro de | |
Profesores | Cadoc |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 12 de decembro |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Traxectoria
editarFinnian naceu nunha familia nobre de Leinster e foi bautizado por san Abán de Magheranoidhe e desde moi cedo posto baixo a tutela de san Fortchern, bispo de Trim,[1] que o instruíu ata os trinta anos de idade, cando o mozo asceta viaxou a Europa continental e a continuación ao país de Gales, onde foi instruído por san David de Gales en Llancarfan.[2] Tras este longo período de aprendizaxe regresou a Irlanda, onde predicou en Wexford, Wicklow e Kildare, e onde estivo en contacto con santa Bríxida,[3] antes de finalmente establecerse en Clonard.
Comezou en Clonard unha vida ascética e solitaria[4] ata que, no 520, fundou oficialmente a súa abadía e a escola, atraendo miles de discípulos de todas as clases e orixes. Foi recoñecidos pola súa rixidez e os seus métodos ascéticos.[3] Entre os seus alumnos destaca o grupo coñecido como os Doce Apóstolos de Irlanda.
Finnian morreu probablemente o 12 de decembro de 549 por mor da peste.[5] As súas reliquias foron preservados na súa propia abadía, ata que foron destruídas no século IX.[6]
Notas
editar- ↑ Thunder, John., "St. Finnian of Clonard", Irish Ecclesiastical Record, Vol. XIII, p. 810, 1892
- ↑ ""St. Finian of Clonard", All Saints Parish". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Lapa, Dmitry. "Venerable Finnian, Abbot of Clonard", Provoslavie.ru
- ↑ Healy, John. "School of Clonard." The Catholic Encyclopedia. Vol. 4. New York: Robert Appleton Company, 1908. 19 Mar. 2013
- ↑ Hickey, Elizabeth (1996). The Irish Life of Saint Finnian of Clonard: Master of the Saints of Ireland with a Commentary for the general reader. Meath: Meath Archaeological and Historical Society. p. 5. ISBN 9780950033273.
- ↑ Farmer 1997.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Finnian de Clonard |
Bibliografía
editar- Farmer, David Hugh (1997). The Oxford dictionary of saints (4. ed.). Oxford [u.a.]: Oxford Univ. Press. ISBN 0-19-280058-2.