Doce Apóstolos de Irlanda
Os Doce Apóstolos de Irlanda (tamén coñecidos como Doce Apóstolos de Erin, Irlandés: Dhá Aspal Déag na hÉireann) foron os doce primeiros santos monásticos do século VI, que estudaron baixo a tutela de san Finnian (f. 549) na súa famosa escola monástica da abadía de Clonard en Cluain-Eraird, situada no actual Condado de Meath.[1]
Historia
editarA abadía de Clonard, situada na beira do río Boyne no moderno condado de Meath foi unha das principais escolas monásticas da primitiva Igrexia en Irlanda. Durante o século VI, algún dos representantes máis significativos da historia do cristianismo en Irlanda estudaron alí. Segundo se cre, a media de estudantes na abadía foi de 3 000 persoas, das cales os doce que estiveron baixo a tutela de san Finnian de Clonard foron coñecidos como os "Doce Apóstolos de Irlanda".[1]
Os doce santos agrupáronse deste xeito no texto irlandés Dá apstol décc na hÉrenn (en irlandés moderno Dhá Aspal Déag na hÉireann). Este texto conservouse nun manuscrito pertencente a Michael O'Clery, datado en 1629.[2] Segundo este manuscrito forman parte do grupo:
- San Brandán de Birr
- San Brandán de Clonfert
- San Cainnech de Aghaboe
- San Ciarán de Saighir (nalgunhas tradicións, substituído polo propio san Finnian de Clonard)[3]
- San Ciarán de Clonmacnoise
- San Columba de Terryglass
- San Columba de Iona
- San Laisrén mac Nad Froích
- San Mobhí Clárainech
- San Ninnidh
- San Ruadhán de Lorrha
- San Senán mac Geirrcinn
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gratton-Flood 1907.
- ↑ Van den Gheyn 1905, p. 384-389.
- ↑ Stokes 1905, p. 168-169.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gratton-Flood, W.H. (1907). Robert Appleton Company, ed. "The Twelve Apostles of Erin" (en inglés). Nova York.
- Van den Gheyn, Joseph (1905). Catalogue des manuscrits de la Bibliothèque Royale de Belgique vol. 5: Histoire — hagiographie, Brussels. Lambertin.
- Stokes, Whitley (1905). The Martyrology of Oengus the Culdee. Londres: Henry Bradshaw Society.