Finisterrae


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Finis Terrae é un supercomputador galego que xurdiu a partir dun convenio asinado en marzo de 2006 coa colaboración da Xunta de Galicia para apoiar a comunidade científica que require gran cantidade de cómputo para a resolución de problemas de diversa índole. Está situado no Centro de Supercomputación de Galicia. Actualmente está no posto 100 do "top500" pero aínda está en construción polo que se espera que suba na lista nos próximos meses ata as primeiras posicións. Entrou a funcionar o 1 de abril de 2008.

Para o que se creou a Cesga, e sempre apoiado enormemente pola filosofía de software libre, deseñouse unha plataforma capaz de articular diferentes proxectos científicos, aplicando os cálculos e as simulacións que os investigadores necesitaban.

Na procura desta infraestrutura singular a nivel estatal e europeo xorden as primeiras dificultades, derivadas da falta de apoio inicial do Goberno estatal ata que se conseguiu convencer a empresas coma HP ou Intel e ós americanos de Palo Alto de que Galicia tiña oportunidades, pero en Madrid chocou a idea dun centro potente de investigación en Galicia.[Cómpre referencia] A implicación do Estado acadouse finalmente, pero o esforzo e os recursos para dar os primeiros pasos miraron sempre cara territorio galego.

Trátase dun computador "cunha capacidade de cálculo equivalente á de trinta mil ordenadores convencionais". Pero a súa singularidade reside na gran capacidade de memoria. O Finisterrae será o único ordenador operativo en territorio español capaz de recibir un problema moi grande e resolvelo sen dividilo.[Cómpre referencia]

Especificacións técnicasEditar

Nome Ano Sistema operativo Arquitectura Procesadores Memoria (GB) Potencia (TFlops) Top500 Ranking
Finisterrae I 2007 Linux Itanium 64 (Intel) 2400 19584 12,97 100 (nov 2007)
Finisterrae II 2015 Linux Haswell 64 (Intel) 7712 cores 44800 328
Finisterrae III 2021 Linux 1968 aprox.

AplicaciónsEditar

O Finisterrae permitirá traballar máis rápido nos proxectos nos que agora está mergullado o centro galego, pero as súas aplicacións van máis alá. A longo prazo, Galicia poderá colaborar no deseño de fármacos para combater enfermidades coma a malaria, e traballar polo aproveitamento dos recursos enerxéticos que pare o noso país, así coma procurar outros novos para explotalos.

Así mesmo, os incendios forestais, poderá paliarse grazas á tecnoloxía deste computador: mediante fotos tomadas vía satélite e os datos da forza do vento poderá adiviñarse por onde atallar o lume para frear o seu avance.

Pero estas son só algunhas das utilidades dun computador que tornará competitiva a situación de Galicia nos proxectos internacionais de índole tecnolóxica. Así o determinan os últimos indicadores de innovación europeos, que concibe á nosa coma unha rexión start up, das que aínda está medrando, pero que avanza a pasos axigantados, moi por enriba da media.[Cómpre referencia]

Pese a todo, o director xerente do Cesga[quen?] recoñece que “para nós o máis importante son as cabezas pensantes”. O Finisterrae instalarase, e permitirá grandes adiantos, pero pasados uns cantos anos tornarase obsoleto. Porén, do contacto dos investigadores coa industria punteira en supercomputación a nivel mundial dependerá o éxito ou o fracaso dun ambicioso proxecto que pretende facer de Galicia un país moderno, que explota os recursos que produce para avanzar e redundar no propio beneficio.

Ligazóns externasEditar