Xerador eléctrico

Un xerador eléctrico é un tipo de máquina eléctrica cuxo obxectivo é conversión en enerxía eléctrica de calquera outra forma de enerxía (enerxía mecánica, química..). Os xeradores implicados na produción industrial son principalmente máquinas síncronas, aínda que nalgunhas aplicacións especiais se poden utilizar outro tipo de máquinas.

Turbina Francis da Voith (azul) acoplada a xerador Westinghouse de 117,6 kW (vermello).

O funcionamento dun xerador depende da indución electromagnética, estando a lei básica de indución electromagnética baseada na Lei de Faraday de indución. Un circuíto que xira en presenza dun campo magnético abarca un fluxo variábel, o que provoca unha corrente inducida.

Un motor eléctrico desempeña a función inversa, ou sexa, converte enerxía eléctrica en enerxía mecánica e construtivamente son semellantes aos xeradores, pois se basean no mesmo principio de conversión.

O tipo mais común de xerador eléctrico é o dínamo (xerador de corrente continua) dunha bicicleta, utilizada para converter enerxía das rodas que xiran en electricidade que alimenta unha lámpada. Na produción industrial de enerxía, a enerxía mecánica (moitas veces proveniente dunha turbina hidráulica, a gas ou a vapor) é utilizada para facer xirar o rotor, o cal induce unha tensión nos terminais dos enrolamentos que ao seren conectados a cargas levan a circulación de correntes eléctricas polos enrolamentos e pola carga.

A imaxe mostra o topo dun xerador síncrono de central hidroeléctrica en manutención.

Hai moitos outros tipos de xeradores eléctricos. Xeradores electrostáticos como a máquina de Wimshurst, e nunha escala maior, os xeradores de van de Graaff, son principalmente utilizados en traballos especializados que esixen tensións moi altas, máis cunha baixa corrente e potencias non moi elevadas.

Iso débese ao feito de que neses tipos de xerador, a densidade volumétrica de enerxía é pequena, ou sexa, para que se teña unha gran cantidade de enerxía sendo convertida é necesario un gran volume por parte da estrutura do xerador.

Outras máquinas

editar

Aínda que normalmente se reserva o nome xerador para as máquinas eléctricas hai outro tipo de aparellos que producen enerxía eléctrica.

Véxase tamén

editar