Filmes de Acerbaixán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Acerbaixán presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2007. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2022, nove filmes de Acerbaixán foron propostos para o Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.[5][6][7]
Propostas
editarA Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Acerbaixán para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2007 (80ª) |
Qafqaz | Ruso | Farid Gumbatov | Non nomeado |
2008 (81ª) |
Qala | Azarí | Shamil Najafzadeh | Non nomeado |
2010 (83ª) |
Sahə[9] | Azarí, ruso | Ilgar Safat | Non nomeado |
2012 (85ª) |
Buta[10] | Azarí | Ilgar Najaf | Non nomeado |
2013 (86ª) |
Çölçü[11] | Azarí | Shamil Aliyev | Non nomeado |
2014 (87ª) |
Nabat[12] | Azarí | Elchin Musaoglu | Non nomeado |
2017 (90ª) |
Nar bağı[13] | Azarí | Ilgar Najaf | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Daxildəki Ada[14] | Azarí | Ru Hasanov | Non nomeado |
2022 (95ª) |
Yaradanlar[15] | Azarí e ruso | Shamil Aliyev | Non nomeado |
Notas
editar- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Yahoo! Movies, ed. (17 de outubro de 2007). "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 22 de agosto de 2008.
- ↑ Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (15 de xaneiro de 2008). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 22 de agosto de 2008.
- ↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar® Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ today.az (ed.). "Azerbaijani film "The Precinct" showing date revealed". Consultado o 28 de setembro de 2010.
- ↑ Variety (ed.). "Ukraine, Azerbaijan pick Oscar entries: Illienko's 'Firecrosser,' Najaf's 'Buta' selected". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2012.
- ↑ News.Az (ed.). "Azerbaijani film in competition for 2013 Foreign Language Film Oscar". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 8 de outubro de 2013.
- ↑ News.az (ed.). "Azerbaijani film presented to Oscar". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ Azer News, ed. (18 de agosto de 2017). "Azerbaijan sends "Pomegranate Orchard" to Oscar". Consultado o 18 de agosto de 2017.
- ↑ "Azerbaijani film nominated for Oscar". AzerNews. 16 de novembro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "Oscars International Race 2022: Full Entries List (Updating)" (en inglés). 2022-10-06. Consultado o 2022-10-31.