Nar bağı
filme de 2017 dirixido por Ilgar Najaf
Nar bağı é un filme azerí de 2017 dirixido por Ilgar Najaf. Foi escollido como o candidato de Azerbaidján para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Nar bağı | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nar bağı |
Director | Ilgar Najaf |
Guión | Ilgar Najaf |
Intérpretes | Hasan Agayev |
Estrea | Karlovy Vary: 1 de xullo de 2017 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Azerbaidján |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Sinopse
editarInspirado en O xardín das cerdeiras de Anton Chekhov, o filme conta o regreso dun fillo pródigo logo de 12 anos. A súa reaparición na casa familiar dunha zona rural de Azerbaidján altera significativamente a súa forma de vida.[2]
Personaxes
editar- Hasan Agayev como Jalal
- Samimi Farhad como Gabil
- Ilaha Hasanova como Sara
- Gurban Ismailov como Shamil
Notas
editar- ↑ Azer News, ed. (18 de agosto de 2017). "Azerbaijan sends “Pomegranate Orchard” to Oscar". Consultado o 18 de agosto de 2017.
- ↑ Simon, Alissa (10 de xullo de 2017). Variety, ed. "Karlovy Vary Film Review: ‘Pomegranate Orchard’". Consultado o 18 de agosto de 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Azerbaidján propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar