Fialho de Almeida

José Valentim Fialho de Almeida, máis coñecido só como Fialho de Almeida, nado en Vidigueira (Vila de Frades) o 7 de maio de 1857 e finado en Cuba (Beja, Alentejo) o 4 de marzo de 1911, foi un xornalista, escritor e tradutor pos-romántico portugués.

Infotaula de personaFialho de Almeida

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) José Valentim Fialho de Almeida Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1857 Editar o valor em Wikidata
Vidigueira, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte4 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Cuba, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico escritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun mestre de escola[1], realizou os estudos secundarios nun colexio de Lisboa, entre 1866 e 1871. Empregouse nunha farmacia e estudou Medicina entre 1878 e 1885. En 1893 volveu á súa terra natal, onde casou cunha señora rica, que faleceu logo o ano seguinte e da cal non tivo descendencia.[1]

Carreira profesional e literaria editar

Fialho de Almeida por António Carneiro.

Nunca exerceu medicina, dedicándose ao xornalismo e á literatura. Tornouse labrego en Cuba, mais continuou a publicar artigos para xornais, e a escribir varios contos e crónicas.[1]

Entre as súas obras máis notábeis encóntranse os cadernos periódicos Os Gatos, redactados entre 1889 e 1894, que seguiron a mesma liña crítica da obra As Farpas, de Ramalho Ortigão.[1]

A súa carreira literaria foi pautada por un estilo moi irregular, baseado no naturalismo. As súas principais inspiracións foron as sensacións reais, mórbidas e groseiras, con temas repartidos entre os escenarios urbanos e campestres. Nos finais do Século XIX, o seu estilo tornouse máis decadente, en concordancia cos ideais en voga nesa época.[1]

Fialho de Almeida colaborou en diversas publicacións periódicas, sobre todo nos xornais humorísticos Pontos nos ii (1885-1891)e A Comédia Portuguesa (fundado en 1888), e tamén nas revistas: Renascença (1878-1879?), A Mulher (1879), O Pantheon (1880-1881), Ribaltas e Gambiarras (1881), Branco e Negro (1896-1898), Brasil-Portugal (1899-1914), Serões (1901-1911). e, postumamente, na Revista de turismo iniciada en 1916.

Compuxo crónicas (asinadas co pseudónimo de "Valentim Demónio") e críticas literarias e teatrais: Foi celebrada a amargura con que conmemorou a morte de Eça de Queiroz.[2]

Falecemento editar

Fialho de Almeida faleceu o 4 de marzo de 1911, na localidade de Cuba, onde foi sepultado.[3]

Na súa campa está rexistrado o seguinte epitafio:[4]

Miando pouco, arranhando sempre, e não temendo nunca
Xardín Fialho de Almeida, na Praça das Flores, en Lisboa.

A Câmara Municipal de Lagos aprobou o 18 de febreiro de 1987, a asignación do nome de Fialho de Almeida a unha rúa da cidade.[5] Existe tamén, en Lisboa, un xardín co seu nome, na praza das Flores. Á súa vez, a alcaldía de Cuba deu o seu nome a un centro cultural e a un concurso literario, e, en agosto de 2011, xa adquirira a súa antiga vivenda naquela localidade, para a futura instalación dunha Casa Museo. En Castro Verde, o seu nome foi atribuído a unha das principais rúas da vila.

Fialho de Almeida e Galiza editar

Fixo tres viaxes á Galiza.[6] Dunha delas publicou en 1996 Laiovento Cadernos de viagem. Galiza, 1905:

Este texto é a grande história de amor dum homem nascido na planície imensa, áspera e seca do Alentejo, pela beleza amena, refrescante e ridente da Galiza.[7]

Obra editar

  • A Ruiva (1878). Traducida ao español La pelirroja. Trad. de Antonio Sáez Delgado.[8][9]
  • Contos (1881)
  • A cidade do Vício (1882). En español La ciudad de vicio: novelas y cuentos (1920)
  • Os Gatos (1889-1894). Colección de artigos. 6 volumes.[10]
  • Lisboa Galante (1890)
  • Pasquinadas (1890). Colección de artigos.
  • Vida Irônica (1892)
  • O País das Uvas (1893)
  • A Esquina (1900)
  • Galiza (1905)
  • Barbear, Pentear (1910)

Publicados postumamente: editar

  • Saibam Quantos... (1912) Cartas e artigos políticos
  • Aves Migradoras (1914) (eBook) e 1921
  • A taça do rei de Tule e outros contos (2001, Póstumo)
  • Estâncias d'Arte e de Saúde (1921)
  • Figuras de Destaque (1922)
  • A esquina. Jornal dum vagabundo (1923)
  • Estancias d'Arte e de Saüdade (1924)
  • Actores e Autores (1925)
  • O escriptores (1925)
  • Vida Errante (1925)
  • Cadernos de viagem. Galiza, 1905. (1996)
  • A taça do rei de Tule e outros contos (2001)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ferro, S. (2002). Vultos na Toponímia de Lagos. Lagos: Câmara Municipal de Lagos. 
  2. "Biografia de José Valentim Fialho de Almeida". www.biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 2020-03-25. 
  3. Administrator. "Fialho de Almeida". www.cm-cuba.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-25. 
  4. Pueyo, Miguel Ángel Buil (2017). "Recordando a Fialho de Almeida, cuentista y polemista portugués, en su 160 aniversario". Límite (en castelán). Vol. 11.2: 173–193. ISSN 1888-4067. 
  5. "Câmara Municipal de Lagos." (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 22 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  6. Dasairas, Xerardo. "Viaxe do escritor portugués Fialho de Almeida". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-03-25. 
  7. "Edicións Laiovento - CADERNOS DE VIAGEM". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2020. Consultado o 2020-03-25. 
  8. pergamino (2018-03-15). "“La pelirroja”, de Fialho de Almeida". DEL PERGAMINO A LA WEB. Blog sobre la lectura y los libros (en castelán). Consultado o 2020-03-25. 
  9. Bayón Pereda, Miguel (2006-04-08). "Crítica. Un portugués crítico y valiente". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-25. 
  10. Larramendi, Fundación Ignacio (2004). "Biblioteca Virtual de Polígrafos". www.larramendi.es (en castelán). Consultado o 2020-03-25. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Massaud, Moisés (1975). O conto português. Editora Pensamento-Cultrix.
  • Saraiva, Antonio José; Lopes, Óscar (1978): História da literatura portuguesa. Porto.

Ligazóns externas editar