Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand

O maior festival internacional de cinema adicado ás curtametraxes.

O Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand (francés: Festival international du court métrage de Clermont-Ferrand) ou Clermont ISFF é o maior festival internacional de cinema adicado ás curtametraxes. Cada ano celébrase en Clermont-Ferrand (Francia), e é o segundo festival internacional de cinema máis grande de Francia, en canto a público e asistencia de profesionais, despois de Cannes, con máis de 160 000 asistentes e 3 500 profesionais ao ano.[1][2]

Festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand
Localización Clermont-Ferrand, Francia
Anos 41
Nº edicións 41
Fundadores
Data 1979
Xénero curtametraxe
Organizador
Web oficial http://clermont-filmfest.com/

HistoriaEditar

En 1979, foi organizada unha Semana de Curtametraxes pola Sociedade de Cinema da Universidade Clermont-Ferrand. Este evento repetiuse en 1980 e 1981 e foi recibido con entusiasmo.

En 1982, o festival fíxose competitivo, cun xurado outorgando premios aos filmes seleccionados da produción máis recente de curtametraxes francesas. Os filmes internacionais amosáronse en programas especiais nos que destacaban un tema particular, xénero, país ou rexión do mundo. O público tamén asistiu a homenaxes aos grandes realizadores de curtametraxes do pasado e do presente.[3]

En 1986 organizouse o primeiro mercado de curtametraxes de Clemont-Ferrand, coa intención de elevar o perfil económico das curtametraxes. O mercado contén unha videoteca para compradores de televisión, distribuidores e programadores de festivais, franceses e estranxeiros, para que poidan ver todos os filmes en competición, así como os filmes fora de competición que foron enviados para participar.[4]

O FestivalEditar

Clermont foi durante 40 anos o maior festival de curtametraxes, o lugar de encontro esencial para espectadores, profesionais, mocidade e escolares. O público ten unha selección de 600 filmes en todas as seccións e as tres competicións (nacional, internacional e Lab).

O equipo de programación recibe cada ano máis de 7 000 curtas entre marzo e outubro, incluíndo 1 500 producións francesas.

DescubrimentosEditar

O festival revelou a moitos directores que logo lanzaron a súa carreira cinematográfica con éxito, por exemplo:

NotasEditar

  1. http://www.indiewire.com/festival/international_short_film_festival_-_clermont-ferrand
  2. "Copia arquivada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 2012-11-18. 
  3. "Clermont ISFF | Festival du Court Métrage de Clermont-Ferrand | 29 Jan. > 6 Fév. 2021" (en francés). Consultado o 2020-08-01. 
  4. "Copia arquivada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 2012-11-18. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar