Fervenza do Belelle

fervenza en Anca, Neda

Coordenadas: 43°28′55″N 8°07′16″O / 43.481826636329, -8.1212224181162

A fervenza do Belelle é unha formación natural no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da aldea do Roxal.

Vista da fervenza.
Vista da fervenza.

Descrición

editar

A auga precipítase nunha parede granítica dende 45 metros de altura, sendo unha das maiores fervenzas de Galiza. Na base existen pozas naturais. A contorna é de alto valor ecolóxico e paisaxístico. Arrodéase de fragas e castañais.

Preto áchase unha central hidroeléctrica, polo que parte do ría conta cunha canle de auga. A central foi construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á achegada cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros de altura construíuse unha cal até o Monte Marraxón, onde se acadaban os 125 metros de caída actual. A central aínda opera na actualidade.

A fervenza é unha das máis espectaculares de Galiza. O río ten caudal todo o ano, mais no outono e no inverno aumenta, sendo a mellor época para ollar o abanqueiro. Nos arredores da fervenza existen algunha rutas de sendeirismo.

Situación

editar

Atópase preto da aldea do Roxal, en Neda. Dende O Roxal cóllese unha estrada estreita até a central hidroeléctrica. Dende aló cómpre ir a pé uns metros até chegar á freixa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar