Abrir o menú principal

Ferreiriño

páxina de homónimos de Wikimedia

Co nome de Ferreiriño desígnanse popularmente diferentes paxaros da orde Passeriformes, familia Paridae, aínda que tamén se aplica para denominar outros paseriformes doutras familias próximas. Outros nomes comúns a estes paxaros son os de ferreiro ou ferreirolo e, máis locais, ferreira (Dumbría), ferrete (Ares) e filosiña (Cangas) [1].

Pedreira López e Penas Patiño suxiren que o nome común lles vén do canto metálico destas aves, que lembra o golpear dun ferreiro sobre o incre [2].

NotasEditar

  1. Dicionario de dicionarios.
  2. Gran Enciclopedia Galega, s.v. Ferreiriño.