Ferreñas (instrumento musical)

sonaja pandereta

As ferreñas ou ferriñas, son un instrumento musical de percusión formado por un soporte de madeira e pequenos discos de metal (ferreñas). Os discos agrúpanse por parellas e soan, batendo uns contra os outros, cando se axita o instrumento.[1] Cando o soporte é rectangular, o instrumento recibe tamén o nome de sistro.[2]

Ferreñas
Ferriñas, Sistro
Información
ClasificaciónPercusión
Instrumentos relacionadosPandeiro

Características editar

 
Ferreñas rectangulares (sistro).

As ferreñas máis habituais teñen marcos de madeira circular, cunha aparencia idéntica á das pandeiretas mais sen o parche de pel. Inicialmente, as ferreñas tocábanse na compaña do pandeiro, cuxo son grave complementaban cos seus agudos metálicos.[3] Os tocadores de ferreñas, sentados, facíanas soar termando delas coa man dereita e batendo ritmicamente entre a man esquerda e a perna. O xeito característico galego de tocar a pandeireta, percutindo con ela sobre a man esquerda, explícase como unha evolución desta maneira de tocar coas ferreñas.[4]

As ferreñas desapareceron da música popular a finais do século XIX, sendo substituídas pola pandeireta. Un instrumento que unificaba os sons de ferreñas e pandeiro, e que propiciou tamén o declive na popularidade deste último.[5]

Notas editar

  1. Camafeita, Olga (2001). "Ferreñas". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  2. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » “Sistro”". Consultado o 2021-09-17. 
  3. Díaz, Xabier (2014). Obradoiro de percusión e canto tradicional "As ferreñas. UPV/EHU (Youtube). 
  4. Díaz, Xabier (2014). "As ferreñas fanlle o son..." Concerto didáctico. p. 19:00 - 21:15. 
  5. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Ferreñas, ferriñas". Consultado o 2021-09-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar