Fernando de Casas Novoa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fernando de Casas Novoa, nado ao redor de 1670 e falecido o 25 de novembro de 1749, foi un arquitecto galego barroco.
Fernando de Casas Novoa | |
---|---|
Nacemento | c. 1670 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 25 de novembro de 1749 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Inicios editar
Naceu ao redor do ano 1670 nunha familia de clase baixa. Comezou con frei Gabriel de Casas a traballar no claustro do conxunto catedralicio de Lugo. Á morte do seu mestre, encargouse plenamente da execución das obras. Ten un só piso de altura considerable e é estruturado por parellas de pilastras con decoración vexetal semellante á de Domingo de Andrade.
En 1711, xorde a oportunidade da súa vida: é designado mestre de obras da Catedral de Santiago de Compostela. Continúa as obras de Domingo de Andrade na capela do Pilar, onde busca orixinais efectos cromáticos e ornamentais. Como solución de empalme entre a fachada do claustro e o Tesouro, realiza o Esconce das Praterías.
O arcebispo Monroy encargoulle varias obras do seu patrocinio: a igrexa dos dominicos de Betanzos e o colexio das Orfas de Santiago de Compostela. Aquí salienta o campanario, onde utiliza as placas consonte o estilo de Simón Rodríguez. Monroi contratou tamén con el o conxunto conventual das capuchinas da Coruña, obra na que amosa unha grande autocontención decorativa, segundo o espírito franciscano. A igrexa do convento de Belvís, en Santiago de Compostela, segue o mesmo espírito de sobriedade.
Madurez editar
O auténtico espírito creativo de Casas Novoa agromará na capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes, na catedral de Lugo. Cúpula sobre bóvedas de forno, arcadas que arrincan dos piares, rica policromía onde mandan os dourados, volutas, variada iconografía... capela e baldaquino constitúen conxuntamente unha das obras cumes do barroco galego.
O seu espírito inquedo e xenial distaba de esgotarse: a igrexa dos monxes bieitos do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en particular a súa fachada esvelta e elegante, anuncia que o mellor está por chegar. Seguiu con traballos para a igrexa dos xesuítas na Coruña, a de Santo André de Cedeira (Redondela) e para a sancristía, claustro e a portada principal do impoñente mosteiro de San Martiño Pinario. Mestre de Obras deste cenobio, deixou nel un traballo inmorredeiro: o retablo maior bifronte da igrexa beneditina. Esta realización, cos retablos laterais e os dous órganos na mesma igrexa constitúen un conxunto escénico e artístico de alto nivel a escala mundial. Tamén nesta basílica deseñou a capela de Nosa Señora do Rosario.
Xenio inmortal editar
Por fin, a súa obra mestra é a colosal e lizgaira fachada do Obradoiro da catedral compostelá. O profusión decorativa esencialmente xeométrica e a estrutura ascensional, o formato cóncavo, a solidez e a verticalidade así como as membranas de vidro como solución lumínica marcan un fito arquitectónico sen parangón. A iconografía baseada na figura do Apóstolo Santiago, os seus pais, o seu irmán e os seus discípulos, así como a inspiración nun arco de triunfo clásico fan deste conxunto a apoteose do espírito xacobeo. Faleceu o 25 de novembro de 1749, pouco antes de poder ver rematada a obra que o faría inmortal.
Galería editar
-
Claustro da catedral de Lugo
-
Mosteiro de San Salvador de Lourenzá
-
Igrexa das Capuchinas da Coruña
-
Igrexa de Santo André de Cedeira (Redondela)
-
Capela da Virxe dos Ollos Grandes (catedral de Lugo)
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas editar
- Biografía (en castelán).
- Fernando de Casas Galicia no tempo (01/07/1991) da TVG.