Fernando Roca de Togores Aguirre
Fernando Roca de Togores Aguirre-Solarte, marqués de Molins e marqués de Rocamora, nado en Madrid o 4 de marzo de 1859 e finado en Donostia a principios de xullo de 1939,[1] foi un político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1859 Madrid, España |
Morte | xullo de 1939 (80 anos) Donostia, España |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Pai | Mariano Roca de Togores Carrasco |
Irmáns | Ángela Roca de Togores Aguirre-Solarte |
Parentes | Raimundo Fernández Villaverde Roca de Togores, sobriño |
Traxectoria
editarFillo de Mariano Roca de Togores Carrasco e cuñado de Raimundo Fernández Villaverde. Pertenceu á carreira diplomática. Nas eleccións de 1886 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Sahagún. Nas eleccións de 1899 volveu ser elixido polo distrito de Albacete. Foi senador pola provincia de Alicante (1903-1904 e 1904-1905). Nas eleccións de 1905 foi deputado por Ponte Caldelas e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1907. O 12 de novembro de 1890 a rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena concedeulle o título de marqués de Rocamora. Foi procesado en 1932 pola Sanjurjada e declarado en rebeldía. Estivo preso no cárcere Modelo.
Vida persoal
editarCasou en 1882 con María del Carmen Caballero Saavedra e foi pai de Fernando Roca de Togores Caballero (1884-1935), II marqués de Rocamora.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xenealoxía Roca de Togores Arquivado 23 de abril de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ficha no Congreso dos Deputados (en castelán)
- Ficha no Senado