Fernando Roca de Togores Aguirre

político español

Fernando Roca de Togores Aguirre-Solarte, marqués de Molins e marqués de Rocamora, nado en Madrid o 4 de marzo de 1859 e finado en Donostia a principios de xullo de 1939,[1] foi un político español.

Infotaula de personaFernando Roca de Togores Aguirre
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1859 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 1939 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMariano Roca de Togores Carrasco Editar o valor em Wikidata
IrmánsÁngela Roca de Togores Aguirre-Solarte Editar o valor em Wikidata
ParentesRaimundo Fernández Villaverde Roca de Togores (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco e cuñado de Raimundo Fernández Villaverde. Pertenceu á carreira diplomática. Nas eleccións de 1886 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Sahagún. Nas eleccións de 1899 volveu ser elixido polo distrito de Albacete. Foi senador pola provincia de Alicante (1903-1904 e 1904-1905). Nas eleccións de 1905 foi deputado por Ponte Caldelas e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1907. O 12 de novembro de 1890 a rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena concedeulle o título de marqués de Rocamora. Foi procesado en 1932 pola Sanjurjada e declarado en rebeldía. Estivo preso no cárcere Modelo.

Vida persoal editar

Casou en 1882 con María del Carmen Caballero Saavedra e foi pai de Fernando Roca de Togores Caballero (1884-1935), II marqués de Rocamora.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar