Fernando Felipe Fernández
Fernando Felipe Fernández, nado en Ourense o 1 de maio de 1805 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1885, foi un sacerdote e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1805 Ourense, España |
Morte | 1885 (79/80 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | relixioso, político |
Traxectoria
editarEstou Filosofía e Teoloxía no Seminario Conciliar de Ourense e logo na Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou no ano 1831. Párroco de Santa Eufemia en Ourense, tamén foi Catedrático de Filosofía no seminario ourensán e membro da xunta de inspección do Instituto de segundo ensino de Ourense.[1] Participou, en 1842, na constitución da Deputación Arqueolóxica provincial, sendo o seu primeiro secretario.[2]
Foi cóengo das catedrais de Lugo, nomeado en 1860, e de Ourense, dende 1861. Nesta última foi distinguido como mestre-escola tres anos máis tarde. Nas eleccións xerais de 1871 foi elixido deputado por Ourense como representante do carlismo.[3] Nesas eleccións foron elixidos outros cinco deputados polo carlismo galego: Joaquín Hernández Rodríguez polo distrito de Ordes, Luciano Puga Blanco polo de Santiago, Agustín Saco Quiroga polo de Chantada, Ramón Somoza Saavedra polo de Sarria e Benito Sánchez Freire polo de Arzúa.[4] Con todo, a súa traxectoria como deputado foi breve: causou baixa o 24 de xaneiro de 1872 pois convocáronse eleccións para o 3 de abril. Faleceu en abril de 1885.[5]
Notas
editar- ↑ Vizconde de la Esperanza (1871). La Bandera Carlista en 1871. Historia del desarrollo y organizacion del partido Carlista desde la revolucion de Setiembre ... y biografias y retratos de los senadores y diputados Carlistas elegidos por el voto de la nacion (en castelán). Editorial del Pensamiento Español. pp. 92–93.
- ↑ "Instalación de la Diputación Arqueológica de la provincia de Orense". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. Setembro de 1930. Consultado o 20-9-2023.
- ↑ Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís. "Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003)". Real Academia Galega. Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. 246. Consultado o 2023-09-20.
- ↑ Comesaña Paz, Alfredo (2016-09-19). Hijos del Trueno: La Tercera Guerra Carlista en Galicia y el Norte de Portugal (en inglés). SCHEDAS. ISBN 978-84-16558-36-0.
- ↑ "Crónica regional". El Regional. 19-4-1885. Consultado o 20-9-2023.