Fernão Lopes
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Fernão Lopes, nado posiblemente na década de 1380 e finado en 1459 ou 1460, foi un historiador portugués, funcionario do Pazo e notario no Reino de Portugal que destacou polo seu traballo de cronista.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1385 (Gregoriano) ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Morte | c. 1458 ![]() Lisboa, Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cronista, historiador, escritor ![]() |
Empregador | Duarte de Portugal (1434–) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Library of the World's Best Literature Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() |
Biografía
editarOs datos que chegan a nós sobre a vida de Fernão Lopes non son moitos. De orixe humilde, foi o encargado do Arquivo da Torre do Tombo desde 1418 e o escribán particular dos infantes Don Fernando e Don Duarte, quen lle mandou escribir unha Historia de Portugal.
Coñeceu a persoeiros importantes da súa época, coma Don João I ou Nuno Álvares Pereira, ligados á chamada Revolução de Setembro de 1383.
Obra
editarObras conservadas
editar- Crónica de D. Pedro
É a máis breve das súas crónicas.
- Dispoñible para descargar no Projeto Gutenberg
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Crónica de D. Fernando
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Crónica de D. João I
É a máis extensa e tamén a de maior calidade. A obra comeza co asasinato de João Fernández de Andeiro, amante galego da raíña Leonor Teles. Isto leva ao Mestre de Avís (D. João I) ao poder, mais non é este o protagonista da crónica, senón Nuno Álvares Pereira (símbolo do pobo).
Podemos dividir a obra en dúas partes:
- Primeira parte. Aprécianse dous centros narrativos:
- O cerco de Lisboa e a peste como vencedora perante os casteláns.
- O capítulo 182, no que as Cortes de Coimbra invisten a Nuno Álvares Pereira como Condestable.
- Segunda parte:
- Panexírico do rei, prólogo no que se describen as súas calidades (é católico, fiel á muller...)
- Trinta capítulos dedicados á Batalla de Aljubarrota e á alianza anglo-portuguesa entre D. João e o Duque de Lancáster consistente no casamento de D. João con Filipa de Lancáster.
- Dispoñible para descargar na Biblioteca Nacional de Lisboa
- Outras
É posíbel que escribise as crónicas dos reis Portugal desde Afonso I, xa que foi o que lle encargaran. Como mínimo tería escrito as de Sancho II, Afonso III e Afonso IV (hoxe perdidas). Hai teorías segundo as cales Rui de Pina tería redinfudido algunhas crónicas de Fernão Lopes, asinándoas como propias.
Características da súa obra
editarA súa concepción da Historia e como esta se reflicte na súa obra
editar- O método de Fernão Lopes baséase na imparcialidade e na procura da verdade, busca contrastar as fontes e non traballar influído por aquel para o que traballa. Con todo, non sempre consegue ser sempre imparcial, xa que na descrición da Batalla de Aljubarrota déixase levar polo patriotismo.
- Ten unha visión de conxunto da Historia.
- O pobo dos séculos XIV e XV é o protagonista da súa obra e é presentado de xeito positivo, igual ca Nuno Álvares Pereira, símbolo da revolución perfecta, que se opón a D. João (Mestre de Avís), símbolo da revolución imperfecta para Fernão Lopes. As razóns que se teñen dado para explicar esta visión positiva do pobo son:
- A orixe humilde do autor, a máis recorrida.
- A busca da valorización de acontecementos pasados que fixesen posíbel a nova dinastía, que era apoiada polo pobo.
- Buscar a simpatía do pobo.
Describe cuestións coma os aspectos contraditorios da Historia, a economía e o comportamento dos habitantes da cidade (Lisboa represéntase coma unha dama asediada polos casteláns). Tamén fai unha descrición diferente das guerras, dándolles grandeza cando o pobo loita pola liberdade (Nuno Álvares Pereira e criticándoas cando só son pretextos para que o rei gañe títulos). Inclúe tamén personaxes que falan en nome de todo o pobo.
Dise que Fernão Lopes supón o paso da crónica á Historia, xa que usa unha metodoloxía que a Historiografía non coñecerá de novo até o século XIX.
Estilo
editar- Fernão Lopes elabora as súas crónicas co estilo dunha novela ou dun filme, usando recursos literarios (diálogos, analepses, planos múltiplos...).
- Comeza a domesticar a lingua portuguesa influído polas novelas de cabalarías, a prosificación dos cantares de xesta, os sermóns relixiosos e os contos populares.
- É un autor no que se interesarán escritores posteriores, xa que describe moi ben a súa época, chegando a escribir sobre a psicoloxía do rei (do que di que é dubidoso e violento) ou de Leonor Teles (á que describe como forte e decidida).
Os continuadores de Fernão Lopes
editarSe ben non se considera que acadasen a calidade de Fernão Lopes, téñense sinalado como continuadores seus a Gomes Eanes de Zurara e Rui de Pina.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernão Lopes |
Bibliografía
editar- "Fernão Lopes". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Fernão Lopes" Enciclopedia Encarta Online. 2008. Microsoft (en castelán).