Fento dos valos

especie de planta
(Redirección desde «Fento das pedras»)

O fento dos valos ou fento das pedras (Polypodium vulgare L.) é unha especie de fieito da familia Polypodiaceae.

Descrición

editar
 
soros

Esta especie ten un rizoma rastreiro bastante groso que se estende sobre as rochas e os troncos das árbores ademais de medrar no chan. As frondes, perennes e duns 30 cm de longo, nacen en pecíolos sarmentosos de semellante lonxitude. As pínnulas (folíolos) son ás veces dentadas e poden tornarse cristadas. Os soros (un soro é un grupo de esporanxios) son redondeados, ás veces con pelos glandulares, dispostos en dúas filas aos lados do nervio central de cada segmento foliar, de cor alaranxada que despois remata en castaño. Madura no verán.

Hábitat

editar

Zonas rochosas e sombrizas, fragas, muros, preferindo os sitios ricos en materia orgánica e acedos.

Distribución

editar

Esta especie é de ampla distribución en América do Norte, Europa, África e Asia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar