A Fenolleda (en occitano: Fenolhedés ou la Fenolheda; en francés: le Fenouillèdes) é unha comarca do sur de Francia, que forma parte de Occitania e da rexión histórica do Languedoc. É de fala occitana.

Situación da Fenolleda no departamento de Pireneos Orientais.

Administrativamente pertence ao departamento francés dos Pireneos Orientais xunto coas cinco comarcas que forman a Cataluña do Norte, territorio francés de fala catalá.