Femu a Corsica (en galego: Fagamos Córsega) é unha coalición política nacionalista corsa e autonomista creada en 2010.

Femu a Corsica
Coalición política de Córsega
Dirixentes e organización
LíderJean Biancucci (presidente do grupo parlamentario)
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
FundaciónXaneiro de 2010
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Autonomismo
Representación
Asemblea de Córsega
16 / 51
Asemblea Nacional de Francia (Escanos corsos)
3 / 4
Outros datos
Na rede
www.femuacorsica.com
Facebook: femuacorsicaassemblea Twitter: femuacorsica Editar o valor em Wikidata

Partidos membros editar

Historia editar

Creación de Femu a Corsica editar

En novembro de 2009 Inseme per a Corsica fixo unha chamada á forzas políticas corsas para formar unha coalición nacionalista nas eleccións territoriais de 2010.[1]

En xaneiro de 2010 chegouse finalmente a un acordo entre tres partidos políticos: Partitu di a Nazione Corsa, Inseme per a Corsica e A Chjama Naziunale. A coalición estaba aberta á incorporación de I Verdi Corsi e Via Prugressista, non incorporándose ningún destes dous partidos finalmente á coalición por desacordos coa lista.[2]

Eleccións de 2010 editar

O nacionalismo corso presentouse en dúas listas a estas eleccións. Por un lado, a lista autonomista Femu a Corsica (liderada polo binomio Jean-Christophe Angelini e Gilles Simeoni) e por outro lado a lista independentista de Corsica Libera (liderada por Jean-Guy Talamoni).

Os resultados do sobiranismo na primeira volta foron sorprendentes. A lista liderada por Gilles Simeoni, Femu a Corsica, foi a segunda forza co 18'4% dos votos. Mentres tanto a lista liderada por Jean-Guy Talamoni, Corsica Libera, foi a quinta máis votada co 9'36% do voto. Ambas candidaturas pasaron á segunda volta.[3] Femu a Corsica obtivo o 25'89% do voto e 11 deputados na segunda volta.

Notas editar

  1. "«Faire des élections territoriales de mars 2010 un moment historique pour la Corse »". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2017. 
  2. «Un accord politique au service de la Corse»
  3. «Territoriales Corse 2010 C'est sûr, l'électorat insulaire est en train de changer le décor Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine