León Felipe

poeta español
(Redirección desde «Felipe Camino Galicia»)

Felipe Camino Galicia de la Rosa, coñecido como León Felipe, nado en Tábara (provincia de Zamora) o 11 de abril de 1884 e finado na Cidade de México o 18 de setembro de 1968, foi un poeta español.

Infotaula de personaLeón Felipe

Estatua de León Felipe na súa localidade natal
Nome orixinal(es) León Felipe Camino Galicia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Felipe Camino Galicia Editar o valor em Wikidata
11 de abril de 1884
Tábara, Zamora
Morte18 de setembro de 1968
Cidade de México
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAntifascismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , dramaturgo , farmacéutico , escritor , tradutor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoXeración do 27 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIrene Lambarri
PaisHiginio Camino de la Rosa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Valeriana Galicia Ayala (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: b22e481e-7b14-4f65-bb66-33591fca1224 Discogs: 1184120 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras licenciarse como farmacéutico, abandonou a senda tranquila e burguesa, se acaso a tivera, e iniciou a de camiñante dunha vida chea de peripecias: a rexencia de varias farmacias en vilas de España (Santander, Balmaseda e vilas de Castela), recorrendo á vez o país como cómico dunha compañía de teatro; a súa estancia de tres anos no cárcere, convicto de desfalco; a súa unión fracasada coa peruana Irene Lambarri, residindo con ela en Barcelona; a súa vida bohemia na peor das pobrezas cara a 1919 en Madrid, cando iniciaba a súa obra poética; despois, tres anos de estancia en Guinea Ecuatorial traballando como administrador de hospitais; viaxe en 1922 a México, cunha carta de Alfonso Reyes que habería de abrirlle as portas do ambiente intelectual mexicano; traballos de bibliotecario en Veracruz, e de profesor de literatura española na Universidade de Cornell (EUA); matrimonio con Berta Gamboa, tamén profesora; regreso a España ó iniciarse a guerra civil, vivindo como militante republicano ata 1938, cando se exilia definitivamente en México, pasando a ser agregado cultural da embaixada da República española no exilio, única recoñecida entón polo goberno mexicano.

A súa obra adoita asociarse á de Whitman, do que foi tradutor. Comparte con el o ton enérxico, de proclama e arenga case relixiosa, e o impaciente canto á liberdade de quen tanto a buscou. Comezou a escribir e publicar tarde, pero trala guerra e co exilio ten unha grande actividade, escribindo decote sobre a condición e existencia humana. Grande admirador de Don Quixote, era solitario, camiñante e pesimista.

Trala nada notoria celebración en 2004 do 120 cabodano do seu nacemento, segue habendo partidarios de que se reivindique a León Felipe como un poeta maior —atribúese a Juan Ramón Jiménez o veredicto de que non o é— superando as dificultades que en vida lle deparou a súa independencia de tódalas correntes literarias da época e a súa condición de exiliado.

Poemas seus foron musicados por Paco Ibáñez (Como tú), Joan Manuel Serrat (Vencidos) ou Enrique Morente (El reloj).

As súas últimas obras foron editadas por Alexandre de Fisterra a través da Editorial Finisterre Impresora, da que era presidente e fundador. Posteriormente, ademais de no seu editor, converteuse no seu testamenteiro.

Obra editar

Poesía editar

  • Versos y oraciones del caminante (1920).
  • Versos y oraciones del caminante (libro II, 1930).
  • Drop a Star (1933).
  • La insignia (1936).
  • El payaso de las bofetadas y el pescador de caña (1938).
  • El hacha (1939).
  • Español del éxodo y del llanto (1939).
  • El gran responsable (1940).
  • Los lagartos (1941).
  • Ganarás la luz (1943).
  • Llamadme publicano (1950). publicadas baixo este título por imposición do editor (Almendros y Cia. Editores, S.A., México), pois o autor titulárao Versos y Blasfemias del caminante
  • El ciervo (1958).
  • Cuatro poemas con epígrafe y colofón (1958).
  • ¡Oh, este viejo y roto violín! (1968).
  • Versos del merolico o del sacamuelas (1967)
  • Carta a mi hermana Salud (1968)
  • Rocinante(1969)
  • Israel (discurso poemático) (1970)

Teatro editar

  • La Manzana (1951).
  • Macbeth o el asesino del sueño (1954).
  • El Juglarón (1961).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar