Feira Taurina de Padrón

A Feira Taurina de Padrón formaba parte dos festexos da Pascua que se celebraban cada ano na localidade galega de Padrón. Os festexos tamén constaban de espectáculos de doma de cabalos, aproveitando as instalacións da praza de touros portátil que se construía no Campo da Barca con motivo da Semana Santa padronesa.

O festexo taurino constaba de dous eventos, un o sábado con recortadores e vaquillas soltas, e outro o domingo cunha corrida sen picadores na que actúan un rexoneador a cabalo e dous novilleiros. A praza de touros portátil que se construía no Campo da Barca tiña acollida para unhas 1000 persoas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar