Faro do cabo Cee

faro en Corcubión

Coordenadas: 42°55′00″N 9°11′00″O / 42.916666666667, -9.1833333333333

O faro do cabo Cee,[1][2][3] tamén coñecido como faro de Cabo C[2] ou faro do cabo de Corcubión,[2] é un faro galego situado no cabo de Cee, no concello de Corcubión, na provincia da Coruña. Comezou a funcionar por vez primeira o 31 de xullo de 1860.[1]

Faro do cabo Cee
Datos xerais
LocalizaciónCabo de Cee
ConcelloCorcubión
Mapa
Faro de Estaca de Bares en A Coruña
Faro de Estaca de Bares
Faro de Estaca de Bares
Construción1860
Datos técnicos
Cód. internacionalD-1760
DescriciónTorre octogonal
Altura sobre o terreo8 metros
CaracterísticasGpD (5) B 13 seg.
Período0,5 + 1,5 (4 veces) + 0,5 + 4,5 = 13 s
Alcance10 millas náuticas

Características editar

O faro está constituído por unha construción de planta cadrada de 100 con tellado a catro augas. Sobre o muro sur da casa álzase unha torre, de sección octogonal e case seis metros de altura, rematada por un balcón que alberga a lanterna que fai de faro.

Luciu por primeira vez no ano 1860, cun plano focal a sete metros do chan e a vinte e cinco sobre o mar, cunha lámpada de aceite a émbolo. Vinte anos despois foi engadida unha lámpada para petróleo con mecha que en 1934 se substituíu por unha instalación automática. Esta nova instalación está composta por unha chama con destellador AGA, válvula solar e queimador.

A súa luz non só sinala a terra, senón os perigos que supoñen as illas Lobeiras e as do Carrumeiro Grande ou Vello e o Carrumeiro Chico, Pequeno ou Novo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Faro do Cabo Cee". Concello de Corcubión. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Do faro de Fisterra ao miradoiro do Ézaro... da fin do mundo ao Olimpo céltico". Turismo de Galicia. Consultado o 1 de setembro de 2019. 
  3. Pazos 2003, p. 163.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar