Faro de Punta Candeeira

faro en Punta Candeeira (Cervo, Cedeira)

Coordenadas: 43°42′42″N 8°02′48″O / 43.71166667, -8.04666667

O faro de punta Candeeira é un faro situado en punta Candieira, no concello de Cedeira, na provincia da Coruña Galicia. O faro xestiónao a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Ten 9 metros de altura.

Faro de Punta Candieira
Datos xerais
Localización
Faro Punta Candeeira en A Coruña
Faro Punta Candeeira
Faro Punta Candeeira
ConcelloPunta Candieira, Cedeira
Construción1929
Datos técnicos
Cód. internacionalD-1687
DescriciónTorre octogonal e casa
A.S.N.M.89 metros
Altura sobre o terreo9 metros
CaracterísticasGpD(3+1)B 24s
Alcance21 millas náuticas

Historia editar

O 11 de maio de 1908 o presidente da Liga Marítima Española solicitou un estudo para instalar un faro no Cabo Ortegal. A Comisión de Faros aprobou o 15 de xaneiro de 1912 “que o novo faro, recollido no Plan de Iluminación, situárase en Punta Candeeira”. Proxectouse en 1929 e rematouse en 1933, pero non se inaugurou ata principios de 1954 debido ás discusións sobre a conveniencia da localización exacta.[1]

En 1930, varias organizacións solicitaron retirar o faro de Punta Candeeira e instalar un faro de 60 millas de alcance e unha estación de localización no cabo Ortegal. A petición non tivo éxito e cambiouse a característica esperada a grupos de 3 e 1 lampos brancos. No ano 2004 rehabilitáronse a fachada e as fiestras do edificio do faro e construíuse un novo garaxe.

No ano 2005 instalouse unha estación base (AIS) e en 2008 renovouse o sistema de supervisión remota, que envía os datos por ADSL ao Centro de Control, na Autoridade Portuaria de Ferrol.[2]

Notas editar

  1. Sara Martins (31 de xullo de 2015). "Punta Candieira, el fin del mundo". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de maio de 2015. 
  2. "El sistema AIS". El Faro de Luisu. Consultado o 27 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • M.A. Sanchez Terry: Faros do Océano; MOPU.

Outros artigos editar