Fala o fistor e fáise o dia
Fala o fistor e fáise o dia é unha obra en lingua galega da filóloga francesa Martine Roux, editada por Ediciós do Castro en 1982, na serie Liminar de lingüística.
Fala o fistor e fáise o dia | |
---|---|
Autor/a | Martine Roux |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Ediciós do Castro |
Data de pub. | 1982 |
Formato | Tapa branda |
Páxinas | 148 |
ISBN | 978-84-7492-109-0 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarA obra escolma "algúns aspectos da tradición oral galega na parroquia do Cebreiro". É o resultado da súa tese doutoral, presentada na Facultade de Letras e Ciencias Humanas da Universidade de Nantes o 26 de xuño de 1979, con dirección de Antoine Resano.
Nos agradecementos a autora explica que foi Álvaro Cunqueiro quen lle recomendou que fixese a súa investigación no Cebreiro. A transcrición dos textos foi revisada por Francisco Fernández Rei, e o traballo contou coa colaboración de Carlos Alonso del Real, quen foi partícipe da publicación e escribiu o prólogo da obra.
Na introdución inclúese unha caracterización lingüística, na que se explica as características propias do galego oriental. O traballo en si está estruturado en catro apartados: "Miseria e traballo", "Vida e morte", "Maxia, relixión" e "Os tempos pasados". Cada apartado inclúe diversos relatos orais dos informadores, comentados ao final pola autora.
A loita por supervivir é o centro de tódalas preocupacións do paisano galego e isto dende hai séculos: o tema da miseria, da fame... é dominante ó longo destes contos e prevalece aínda sobre a da angustia frente á morte.Anotacións finais a cargo da autora.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fala o fistor e fáise o día, en OpenLibrary