Fairport Convention

Fairport Convention é unha banda inglesa de folk rock formada en 1967 polos guitarristas Richard Thompson e Simon Nicol, o baixista Ashley Hutchings e o batería Shaun Frater (sendo Frater substituído por Martin Lamble tras o primeiro cocerto).[1] Comezaron fortemente influenciados polo folk rock americano, coun repertorio dominado por cancións de Bob Dylan e Joni Mitchell e un son que lles valeu o alcume "o Jefferson Airplane británico".[2] Os vocalistas Judy Dyble e Iain Matthews uníronse antes da gravación do seu álbum de estrea autotitulado en 1968.[3] Despois, Dyble foi subsituída por Sandy Denny, marchando Matthews posteriormente durante a gravación do terceiro álbum.[4]

Fairport Convention
A banda en 2019
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1967 - 1979
1985 - presente
Xénero(s)folk rock, folk
Selo(s) discográfico(s)Polydor, Island, A&M, Vertigo, Rough Trade, Transatlantic, Woodworm,Matty Grooves
MembrosSimon Nicol
Dave Pegg
Ric Sanders
Chris Leslie
Antigos membrosRichard Thompson
Ashley Hutchings
Shaun Frater
Martin Lamble
Judy Dyble
Iain Matthews
Sandy Denny
Dave Swarbrick
Dave Mattacks
Roger Hill
Tom Farnell
David Rea
Trevor Lucas
Jerry Donahue
Paul Warren
Bruce Rowland
Dan Ar Braz
Bob Brady
Roger Burridge
Maartin Allcock
Gerry Conway
Na rede
fairportconvention.com
Facebook: FairportConvention1 Twitter: faircropfest Youtube: UCMzMcRsGBw4h6wIR8WYLW_g Spotify: 2LIdnZDzySb04oH40be1fR Last fm: Fairport+Convention Musicbrainz: cc60d937-e80b-4c66-8aa2-e89cb57c8b08 Songkick: 396525 Discogs: 102994 Allmusic: mn0000162233 Deezer: 74254 Genius: Fairport-convention Editar o valor em Wikidata

Denny comezou a dirixir o grupo cara a música tradicional británica nos seus seguintes dous álbums, What We Did on Our Holidays e Unhalfbricking (ámbolos dous de 1969); o segundo contando co violinista Dave "Swarb" Swarbrick que destacou sobre todo na canción "A Sailor's Life", que sentou as bases para o folk rock británico ao ser a primeira vez que unha canción británica tradicional combinouse cun ritmo de rock.[5] Pouco antes do lanzamento do álbum, un accidente na autoestrada M1 matou a Lamble e a Jeannie Franklyn, a entón moza de Thompson. Este feito fixo que o grupo retirase a meirande parte do seu material anterior e se volvese completamente cara a música folk británica para o seu álbum seminal Liege & Lief, lanzado ese mesmo ano. Este estilo converteuse no foco da banda dende entón.[6] Para o seu álbum Swarbrick uniuse a tempo completo o batería Dave Mattacks. Tanto Denny como Hutchings marcharon antes de que finalizase o ano. O último foi substituído por Dave Pegg, que ten sido o único membro contante do grupo dende entón. Thompson marchou tras a gravación do Full House de 1970.

Nos anos 70 houbo moitos cambios na formación ao redor do núcleo formado por Swarbrick e Pegg (Nicol estivo ausente a metade da década) e a súa poularidade baixou xa que a música folk estaba perdendo terreo en favor do mainstream. Denny, cuxo socio Trevor Lucas fora guitarrista no grupo dende 1972, regresou para o álbum Rising for the Moon, orientado ao pop, en 1975 nun intento final por entrar nos Estados Unidos. Este esforzo fracasou, e tras tres álbum máis sen Denny e Lucas, o grupo separouse en 1979.[7] Tocaron un concerto de despedida na vila de Cropredy, Oxfordshire, onde levaban facendo pequenas actuacións dende 1976, eiso marcou o inicio do Cropredy Festival (coñecido dende 2005 como a Fairport's Cropredy Convention) que se converteu no maior festival folk do Reino Unido, cuns 20 000 visitantes cada ano.[8]

A banda foi reformada por Nicol, Pegg, e Mattacks en 1985, uníndoselles Maartin Allcock (guitarra, mandolina, teclados, voces) e Ric Sanders (violín tradicional, teclados), e leva activa dende entón. Allcock foi substituñido por Chris Leslie (mandolina, violín, voces) en 1996, e Gerry Conway substituíu a Mattacks en 1998. O seu 29º álbum de estudio, Shuffle and Go, foi editado no ano 2020, e a banda continúa sendo cabeza de cartel en Cropredy cada ano.

A pesar do seu pouco éxito entre o gran público (o seu único sinxelo top 40 foi "Si Tu Dois Partir", unha versión en francés do tema de Dylan "If You Gotta Go, Go Now") Fairport Convention segue sendo un artista moi influínte no folk rock británico e no folk británico en xeral. Liege & Lief foi nomeado o "álbum de folk máis influínte da historia" nos Folk Awards da BBC Radio 2 en 2006, e o estilo de Pegg foi imitado por moitos no folk rock e no folk punk.[9] Ademais, moitos antigos membros formarían ou uniríanse a outros destacables grupos do xénero, como Fotheringay, Steeleye Span, e The Albion Band, xunto con carreiras en solitario das que destacarían as de Thompson e Denny.[10] A carreira de Sandy Denny rematou coa súa morte en 1978, aínda que no presente está considerada entre as mellores cantautoras británicas. A súa canción "Who Knows Where the Time Goes?", gravada por Fairport en Unhalfbricking, converteuse nunha canción emblemática para ela e a banda.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Fairport Convention 1968 Polydor Records/Cotillion Records
What We Did on Our Holidays 1969 Island Records/A&M Records
Unhalfbricking 1969 Island Records
Liege & Lief 1969 Island Records/A&M Records
Full House 1970 Island Records/A&M Records
Angel Delight 1971 Island Records
"Babbacombe" Lee 1971 Island Records
Rosie 1973 Island Records/A&M Records
Nine 1973 Island Records/A&M Records
Rising for the Moon 1975 Island Records
Gottle O'Geer 1976 Island Records
The Bonny Bunch of Roses 1977 Vertigo Records
Tipplers Tales 1978 Vertigo Records
Gladys' Leap 1985 Woodworm Records
Expletive Delighted! 1986 Woodworm Records
Red & Gold 1988 Rough Trade Records
The Five Seasons 1990 New Routes
Jewel in the Crown 1995 Woodworm Records
Old New Borrowed Blue 1995 Woodworm Records
Who Knows Where the Time Goes? 1997 Woodworm Records
The Wood and the Wire 1999 Woodworm Records
XXXV 2002 Woodworm Records
Over the Next Hill 2004 Matty Grooves Records
Sense of Occasion 2007 Matty Grooves Records
Festival Bell 2011 Matty Grooves Records
By Popular Request 2012 Matty Grooves Records
Myths and Heroes 2015 Matty Grooves Records
50:50@50 2017 Matty Grooves Records
Shuffle and Go 2020 Matty Grooves Records

Notas editar

  1. "History: Simon Nicol writes about Fairport - Fairport Convention's official website". web.archive.org. 2009-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-12-10. 
  2. "Unhalfbricking, Fairport Convention". The Guardian. Consultado o 2022-12-10. 
  3. Humphries, pp. 7-9
  4. Humphries, p. 27
  5. Bonner, Michael (2016-06-03). "Inside Fairport Convention's Liege And Lief: "We were on a crusade..."". UNCUT (en inglés). Consultado o 2022-12-10. 
  6. Hutchings, Ashley. Liege and Lief. 2002, reedición de Island Records, IMCD 291 / 596 929-2, encarte do álbum.
  7. "BBC - Radio 2 - Folk and Acoustic - Folk Awards". www.bbc.co.uk. Consultado o 2022-12-11. 
  8. "BBC - Radio 2 - Events - Folk Awards 2007". www.bbc.co.uk. Consultado o 2022-12-11. 
  9. Fairport Convention, The Cropredy Box (Woodworm, WR3CD026, 1998) disk 2.
  10. "John Harris pays tribute to musician Sandy Denny". the Guardian (en inglés). 2005-05-05. Consultado o 2022-12-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar