Fai! é unha organización política da mocidade asturiana encadrado dentro do movemento da esquerda soberanista, que defende, entre outras cousas, a soberanía do pobo asturiano dende a independencia política, o anticapitalismo, a fin do patriarcado, e apoia o rexurdir cultural e lingüístico dos movementos sociais.

Fai! Asturies
Partido político de Asturias
Dirixentes e organización
LíderNon ten (asembleario)
Historia
Fundación2008
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
socialismo
anticapitalismo
feminismo
ecoloxismo
Outros datos
SedeNon ten
Na rede
http://www.fai-asturies.org/

Xurdimento editar

 
Rolda de presentación de Fai!

Fai! ten o seu inicio na antiga mocidade do partido Izquierda Asturiana, MIAS, da que veñen a maioría dos militantes "fundadores". Dende 2005, MIAS experimentou un crecemento en militancia e actividade. Nesta mellora foi moi significativa a data do 29 de xaneiro de 2006, cando tivo lugar a "I Asambleya Xeneral" da organización, formando unha Dirección Nacional e marcando as liñas de actuación política a seguir dende ese intre.

Dende aquela, MIAS participou en manifestacións e concentracións a prol da oficialidade da lingua asturiana, pola igualdade entre sexos, e en contra das corridas de touros e a invasión do Líbano por parte de Israel.

Porén, MIAS anunciou publicamente a comezos de 2008 a súa disolución como organización xuvenil de Izquierda Asturiana (IAS) por razóns de discrepancia estratéxica, segundo un comunicado de prensa enviado ós medios.

O 29 de abril dese mesmo ano, anúnciase nunha rolda de prensa a aparición dunha nova organización, Fai! Asturies, esta vez sen dependencia de ningún partido pero manténdose na mesma liña de actuación e aumentando o seu ámbito. Ó longo dos meses comeza a súa actividade integrándose no Conceyu Abiertu pola Oficialidá e asemade, preséntase ás eleccións ó claustro da Universidade de Oviedo, conseguindo algúns representantes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar