Facultade de Humanidades de Lugo

centro da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo

Coordenadas: 42°59′32″N 7°32′34″O / 42.992352078484, -7.542727136424

Facultade de Humanidades de Lugo
[[Ficheiro:|200px]]
Universidade: Universidade de Santiago de Compostela
Localización: Lugo
Campus:
Enderezo: Rúa Benigno Ledo
Ano de fundación:
Decano:
Docentes:
Estudantes:
Teléfono:
Correo electrónico:
Páxina web: Web oficial

A Facultade de Humanidades de Lugo é un centro educativo pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, situado no complexo docente do Campus Universitario. Nela impártense estudos correspondentes ao plan de estudos adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior e ao plan de estudos antigo, en extinción. Dentro da nova oferta educativa está o grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, que nace co obxectivo de establecer a conexión formativa entre dous ámbitos académicos e profesionais: os estudos humanísticos e a comunicación audiovisual. Tamén se imarte o Grao en Lingua e Literatura Españolas, adaptación da Filoloxía Hispánica e existente tamén no Campus de Santiago de Compostela.

Estudos que se imparten:

  • Segundo o plan de estudos antigo:
    • Licenciatura en Filoloxía Hispánica
    • Licenciatura en Humanidades
  • Segundo o plan de estudos adaptado ao EEES
    • Máster en Servizos Culturais
    • Grao en Lingua e Literatura Españolas.
    • Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar