Fabriciano Fernández Serra

xornalista español

Fabriciano Fernández de la Cigoña Serra, nado en Vigo o 26 de xullo de 1893 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1955, foi un xornalista galego.

Fabriciano Fernández Serra
Nacemento26 de xullo de 1893
 Vigo
Falecemento4 de maio de 1955
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi redactor de El Pueblo Gallego e colaborou noutros xornais galegos, e na revista Vida Gallega, da que foi director na súa segunda etapa. Asinaba os seus artigos cos pseudónimos D'Artagnan, Fefe ou Croa. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1940 e 1946) e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.

Casou en 1939 con Josefina Núñez Saavedra, filla do industrial Estanislao Núñez Barrios e tiveron seis fillos, entre eles Francisco José Fernández de la Cigoña Núñez e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar