Estanislao Núñez Barrios
Estanislao Núñez Barrios, nado en Villar de los Barrios (Ponferrada) cara a 1882 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1936, foi un empresario español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Villar de los Barrios, España (en) |
Morte | 21 de xullo de 1936 (53/54 anos) Vigo, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Traxectoria
editarFundou na Coruña a industria La Artística en 1906. Instalou no Calvario a cromolitografía Estanislao Núñez para impresión e construción de envases para conservas en 1921. Foi presidente da Federación Gremial de Patronos de Vigo e directivo da Cámara de Comercio de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu chalé no Seixo foi asaltado por membros da resistencia popular republicana, Estanislao defendeuse a tiros desde o interior e despois intentou ocultarse nun milleiral, pero foi descuberto e asasinado.
Vida persoal
editarCasou con Josefa Saavedra Espoz e foi pai de 12 fillos. Neto seu é Estanislao Fernández de la Cigoña.[1]
Notas
editar- ↑ Fernando Franco (8 de xaneiro de 2014). ""Critiqué en Cangas la caza de ballenas cuando todo el pueblo vivía de Massó"". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 653. ISBN 978-84-8457-448-4.