FENYA (Fabricaciones Eléctricas Navales y Artilleras) foi unha empresa fundada no barrio ferrolán de Canido polo enxeñeiro José María González-Llanos, fundador de Astano.

FENYA S.L.
Logotipo de Fenya en vermello.

Última sede de FENYA no polígono da Gándara, Narón. Actualmente centro de formación.
TipoSociedade Limitada
Sociedade anónima a partir de 1951
FundaciónFerrol 1941, peche en 1997
LocalizaciónCanido, Ferrol. Posteriormente A Gandara, Narón.
FundadorJosé María González-Llanos y Caruncho
IndustriaAuxiliar Naval
ProdutosEquipamento eléctrico
Número de empregados300
editar datos en Wikidata ]

Orixes editar

A idea de crear a empresa xorde entre empregados de Bazán. Nos anos iniciais á posta en marcha da empresa traballan no seu primeiro produto, un teléfono naval de patente e deseño propio.

 
Teléfono de mamparo Fenya.

Fenya fabricou tres deseños de teléfonos con variantes:

  • Teléfono de peito
  • Teléfono de mamparo
  • Teléfono de escritorio

Posteriormente fabricaron centrais telefónicas. Como industria auxiliar fabricou equipamento eléctrico para buques, cadros eléctricos e motores eléctricos chegando a ser unha das principais empresas auxiliares navais de Ferrol. Ofreceu melloras aos traballadores como un economato como o de Bazán e apoiar actividades culturais e deportivas.

A súa imaxe de marca era un logotipo en fondo vermelo ou azul escuro, cun electroimán co nome de Fenya. Os seus produtos levaban a marca da empresa nunha placa metálica co logo da empresa e o texto Fabricaciones Eléctricas Navales Y Artilleras, S.L. El Ferrol del Caudillo.

Vendeu os terreos que ocupaba en Canido a unha inmobiliaria e trasladou os obradoiros ao polígono da Gándara en Narón. A empresa pechou definitivamente en 1997[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar