Félix Malloum

político chadiano

Félix Malloum, nado en Fort Archambault, hoxe Sarh, o 10 de setembro de 1932 e finado en París o 12 de xuño de 2009[1], foi un político do Chad, presidente do seu país entre 1975 e 1979.

Infotaula de personaFélix Malloum
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Sarh, Chad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xuño de 2009 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Presidente do Chad
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChad Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoChadian Progressive Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Serviu como oficial do exército chadiano e como membro do Partido Progresista Chadiano (PPT). Logo converteuse en xefe do Estado Maior co rango de coronel. Foi encarcerado polo presidente François Tombalbaye, pero foi liberado tras o exitoso golpe de estado do 13 de abril de 1975. Desde ese momento serviu como presidente á vez que primeiro ministro do Chad até o 29 de agosto de 1978, cando Hissène Haberei foi nomeado primeiro ministro para integrar aos rebeldes armados norteños ao goberno. Con todo, foi en balde, e Malloum renunciou á presidencia o 23 de marzo de 1979.

Malloum retirouse da política e instalouse en Nixeria. Retornou á capital chadiana, Xamena, o 31 de maio de 2002, tras 23 anos no exilio.

Logo, morreu no ano 2009.

Notas editar

  1. "Décès de l’ex-président Félix Malloum". Le Jeune Afrique. 12 de xuño de 2009. Consultado o 1 de setembro de 2016. 


Predecesor:
François Tombalbaye
 Presidente do Chad 
1975 - 1979
Sucesor:
Goukouni Oueddei