Félix Castro Vicente
avogado e investigador musical e etnográfico galego
Félix Castro Vicente, nado en Ourense o 31 de decembro de 1970, é un escritor e investigador musical e etnográfico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1970 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , avogado , investigador ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Cástor Castro Vicente ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Salamanca, sendo tamén licenciado en Antropoloxía. Exerce como avogado, tendo investigado tamén a cultura tradicional, nas súas vertentes de etnomusicoloxía e crenzas máxicas, tendo publicado diversos artigos en prensa e revistas sobre ''O Ciprianillo'' e Manuel Blanco Romasanta, algúns deles co seu irmán Cástor Castro.
Os dous irmáns foron cofundadores do grupo Felpeyu no 1991, na Universidade de Salamanca. Desde 1994 son integrantes da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense.
Obras
editarEnsaio
editar- Catálogo de músicos da Limia, 2005, Difusora.
- Libros do demo, grimorios e ciprianillos, 2010, Deputación de Lugo.
Obras colectivas
editar- Faustino Santalices, 2010, Xunta de Galicia.
- Faustino Santalices, ciencia da gaita, consciencia da zanfona: tradición musical galega : congreso [11 e 12 de marzo de 2011, Museo Municipal de Ourense, 2011, Difusora.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Félix Castro Vicente na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Música rabeosa, blog do autor.
- Arquivo Castro Vicente