Explorer 19

Satélite artificial dos Estados Unidos.

Explorer 19, tamén denominado AD-A (Air Density A), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 19 de decembro de 1963 desde Point Arguello a bordo dun foguete Scout X-4.[2][4]

Explorer 19 / AD-A
Explorer 19 - 01.jpg
Esquema de Explorer 19 en órbita
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento19 de decembro de 1963[1][2][3]
Foguete portadorScout X-4[2][4]
Sitio de lanzamentoPoint Arguello[2][4]
Obxectivo da misiónMedición de densidades na atmosfera superior[2][4]
Decaemento10 de maio de 1981[1][2][4]
NSSDC ID1963-053A
Masa7,7 kg[2][4]
DimensiónsEsfera de 3,66 m de diámetro[2]

CaracterísticasEditar

Explorer 19 foi o segundo dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,66 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi inxectado nunha órbita inicial de 2399 km de apoxeo e 590 km de perixeo cun período de 115,9 minutos e unha inclinación orbital de 78,61 graos.[2][3][4]

O satélite foi lanzado mentres o primeiro satélite da serie, Explorer 9, estaba aínda en órbita, polo que se puideron mostrear as densidades de dúas partes diferentes da atmosfera ao mesmo tempo. A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico.[2][4]

Os dous hemisferios de aluminio da capa exterior da esfera estaban separados por unha banda ecuatorial de mylar que servía como antena para a baliza que emitía a 136,620 MHz de frecuencia usada para o seguimento do satélite. O satélite alcanzou órbita, pero cun apoxeo inferior ao programado. A potencia de emisión da baliza foi inferior ó necesario para o seu seguimento desde terra, polo que o seguimento tivo que facerse por medios ópticos. A alimentación eléctrica era proporcionada por catro células solares que alimentaban baterías recargables.[2][4]

Explorer 19 reentrou na atmosfera o 10 de maio de 1981.[1][2][4]

ResultadosEditar

Explorer 19 axudou a determinar a variación en densidade entre o lado diúrno e nocturno da Terra[5] e deu lugar a estudos sobre os efectos perturbatorios da radiación solar e da actividade solar nos satélites[6] e o efecto do arrastre do helio.[7][8]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 19 (ADI-1)" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (4 de novembro de 2011). "AD-A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 20 February 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-04291): 2. 26 de febrero de 1964. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 4,9 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AD" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  5. Jacchia, L. G. & Slowey, J. (1966). "The Shape and Location of the Diurnal Bulge in the Upper Atmosphere". SAO Special Report (207). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  6. Brookes, C. J.; Rylan, F. C. E. (27 de agosto de 1982). "Perturbation of the orbit of Explorer 19 due to solar radiation". Celestial Mechanics: 339–352. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  7. C.J. Brookes (xaneiro de 1985). "The helium drag effect on the orbit of Explorer 19". Planetary and Space Science 33 (1): 23–38. Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  8. Tiberiu Oproiu, Ciprian Chiruta (27 a 30 de setembro de 2006). "The Effects of Solar Activity on the Orbital Evolution of Low Earth Orbiting Satellites". AIP Conf. Proc. (895): 175–180. Consultado o 6 de marzo de 2012. [Ligazón morta]

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar