Explorer 24

Satélite artificial dos Estados Unidos.

Explorer 24, tamén denominado AD-B (Air Density B), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 21 de novembro de 1964 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout X-4.[2][4]

Explorer 24 / AD-B
Explorer 24 / AD-B
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento21 de novembro de 1964[1][2][3]
Foguete portadorScout X-4[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][4]
Obxectivo da misiónMedición de densidades na atmosfera superior[2][4]
Decaemento10 de outubro de 1968[1][2][4][5]
NSSDC ID1964-076A
Masa8,6 kg[2][4]
DimensiónsEsfera de 3,6 m de diámetro[2]

Características editar

Explorer 24 foi o terceiro dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,6 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi lanzado xunto con Explorer 25 e inxectado nunha órbita inicial de 2498 km de apoxeo e 530 km de perixeo cunha inclinación orbital de 81,4 graos.[2][3][4][6]

A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico. O satélite estaba deseñado para proporcionar datos sobre a densidade atmosférica durante o perixeo como unha función do espazo e do tempo a partir de observacións secuenciais. Para facilita-lo seguimento, levaba a bordo unha baliza que emitía a 136,620 MHz de frecuencia.[2][4]

Explorer 24 reentrou na atmosfera o 18 de outubro de 1968.[1][2][4][5]

Resultados editar

Explorer 19 axudou a determinar a variación en densidade entre o lado diúrno e nocturno da Terra[7] e deu lugar a estudos sobre os ventos zonais na exosfera, a altura de entre 450 e 620 km.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 24 (ADI-2)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "AD-B" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 5 February 1965 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 30 de novembro de 1964. Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AD" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Letter dated 4 February 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (69-02651): 2. 11 de febreiro de 1969. Consultado o 5 de marzo de 2021. 
  6. David Darling (2012). "ADE (Air Density Explorer)" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2012. 
  7. Jacchia, L. G. & Slowey, J. (1966). "The Shape and Location of the Diurnal Bulge in the Upper Atmosphere". SAO Special Report (207). Consultado o 6 de marzo de 2012. 
  8. Blum, P. W.; Schuchardt, K. G. H. (24 de xuño de 1976). "Exospheric zonal winds between 540 and 620 km from the orbit of Explorer 24". Planetary and Space Science 24: 529–539. Consultado o 7 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar