Expertos en crise
Expertos en crise (en inglés: Our Brand Is Crisis) é un filme estadounidense de 2015 dirixido por David Gordon Green e escrito por Peter Straughan. Baséase no documental homónimo de 2005 de Rachel Boynton, e é unha versión ficcionalizada da involucración dos estrategas de campaña electorais estadounidenses de Greenberg Carville Shrum (GCS) nas eleccións presidencias de Bolivia de 2002. Está protagonizado por Sandra Bullock, Scoot McNairy, Billy Bob Thornton, Anthony Mackie, Ann Dowd e Joaquim de Almeida.
Expertos en crise | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Our Brand Is Crisis |
Director | David Gordon Green |
Produtor | |
Guión | Peter Straughan |
Baseado en | Our Brand Is Crisis de Rachel Boynton |
Intérpretes | |
Música | David Wingo |
Fotografía | Tim Orr |
Montaxe | Colin Patton |
Estudio | |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Festival de Toronto: 11 de setembro de 2015 30 de outubro de 2015 31 de decembro de 1986 (TVG) |
Duración | 107 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 28 millóns de dólares[2] |
Recadación | 8,6 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
http://www.ourbrandiscrisismovie.com/home | |
A fotografía principal comezou o 29 de setembro de 2014 en Nova Orleáns, Luisiana. George Clooney e Grant Heslov foron os produtores. O filme estreouse na sección Special Presentations do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[4] Estreouse nos cinemas a través de Warner Bros. o 30 de outubro de 2015. Recibiu valoracións dispares, e aínda que a interpretación de Bullock foi amplamente eloxiada, foi un fracaso de recadación.
Estreouse en galego o 31 de agosto de 2020 a través da TVG.[5]
Personaxes editar
- Sandra Bullock como 'Calamity' Jane Bodine
- Scoot McNairy como Richard Buckley
- Billy Bob Thornton como Pat Candy
- Anthony Mackie como Ben
- Ann Dowd como Nell
- Joaquim de Almeida como Pedro Castillo
- Zoe Kazan como LeBlanc
- Reynaldo Pacheco como Eduardo
- Dominic Flores como Hugo
- Louis Arcella como Rivera
- Octavio Gómez Berríos como Pepe
- Luis Chavez[6] como Abraham
- Tilda Del Toro como secretaria de Pedro Castillo
- Carmela Zumbado como xornalista (cameo)
Notas editar
- ↑ "OUR BRAND IS CRISIS (15)". British Board of Film Classification. 19 de outubro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ Pamela McClintock (28 de outubro de 2015). "Box-Office Preview: Halloween Forecast Bleak for 'Our Brand Is Crisis'". The Hollywood Reporter. (Prometheus Global Media). Consultado o 28 de outubro de 2015.
- ↑ "Our Brand Is Crisis (2015)". The Numbers. Consultado o 6 de abril de 2016.
- ↑ "Sandra Bullock's 'Our Brand Is Crisis,' Robert Redford's 'Truth' to Premiere at Toronto". Variety. Consultado o 18 de agosto de 2015.
- ↑ Versión en galego (ed.). "'Expertos en crise' na TVG". Consultado o 11 de xuño de 2021.
- ↑ Peter Debruge. "'Our Brand Is Crisis' Review: Sandra Bullock Trumps Bolivian Politics - Variety". Variety.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Expertos en crise na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)