Na mitoloxía grega Existo é o fillo de Tiestes e a súa filla Pelopia e o asasino de seu pai adoptivo Atreo e o seu medio irmán Agamenón.

Modelo:BiografíaExisto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἴγισθος Editar o valor en Wikidata
Biografía
King of Mycenae (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaClitemnestra Editar o valor en Wikidata
FillosAletes, Erígone, Helena Editar o valor en Wikidata
PaisTiestes Editar o valor en Wikidata  e Pelopia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
Existo anima á súa amante a matar a Agamenón na obra Clytemnestre vacilando antes de matar ao durmido Agamenón (1817) de Pierre-Narcisse Guérin

Nacemento

editar

Tiestes, expulsado de Micenas, diríxese ao Oráculo de Delfos co afán de se vingar do seu irmán Atreo quen mandara matar os seus fillos todos. O oráculo predí que só un fillo nada da unión entre el e a súa filla Pelopia o podería vingar. Tiestes vai a Sición, onde a súa filla era sacerdotisa de Atenea e pupila do rei. Unha tarde, levando unha máscara para que non o recoñecese, viólaa cando estaba fóra do templo. Semanas despois Atreo casa con Pelopia e esta ao dar a luz abandona o neno que uns cabreiros recollen, recibindo o nome de Existo ( en grego Αίγισθος de aigos, cabra). Ao saber Atreo o que pasaba mandou buscalo para levalo ao palacio como o seu terceiro fillo, xunto a Agamenón e Menelao.

Morte de Atreo

editar

Anos máis tarde por orde de Atreo, Agamenón e Menelao partiron cara a Delfos na procura de seu tío Tiestes, atópano por casualidade, captúrano e lévano a Micenas. O rei ordena a Existo, que entón tiña sete anos, matar a Tiestes na prisión pero este recoñéceo e pídelle que antes de o matar traia a súa nai, revelándolle o secreto da súa filiación. Pelopia non o pode soportar e mátase. Logo da morte de súa nai fai crer a Atreo que matou a Tiestes pero cando ten oportunidade mata a Atreo, colocando a Tiestes no trono e expulsa a Agamenón e Menelao. Tempo despois, Agamenón, o rei lexítimo coa axuda de Tíndaro, rei de Esparta, recupera o trono mais perdoa a Existo.

Guerra de Troia

editar

Oposto á expedición grega, Existo non segue a Agamenón á guerra de Troia e durante a súa ausencia seduce a Clitemnestra, dona de Agamenón. Ao rematar a guerra e volver Agamenón, os dous amantes mátano xunto coa súa escrava Casandra. Durante sete anos os dous amantes dirixen a cidade ata que Orestes consegue vingar a seu pai matándoos.