Exidio Cuíñas

economista e escritor galego

Xaquín Exidio Cuíñas, nado en Cambados en 1966, é un economista e escritor galego.

Infotaula de personaExidio Cuíñas
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , economista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Economista vinculado a proxectos empresariais sobre patrimonio marítimo e turismo náutico. En 2009 publicou Salgadoiro de queixo e mozzarella.[1] En 2021 apareceu As gotas de mercurio.[2][3]

Foi membro fundador do Clube Mariño Salnés no ano 1998, así como o primeiro presidente. Na actualidade segue ligado a esta asociación como coordinador da escola de vela tradicional. Formou parte da comisión xestora para refundar a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial no ano 1999, ocupando posteriormente o cargo de secretario (2000-2003) e presidente (2003 a 2005). Durante o tempo que ocupou a presidencia, inaugurouse a Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna, celebráronse as edicións do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2003 na Illa de Arousa e no 2005 en Cambados, así como tamén se editou o primeiro número da revista Ardentía de cultura marítima publicada por esta entidade.

Participou en proxectos empresariais de cultura marítima como Intramar, onde dirixiu o proxecto divulgativo escolar Cambados á beira do Mar en colaboración coa Confraría de Pescadores de Cambados e a Consellería do Mar[4], sendo o director e guionista do documental que leva o mesmo nome. Tamén participou no proxecto Natura 42 SL, relacionado co medio ambiente e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Obras editar

  • Salgadoiro de queixo e mozzarella, Todogrove, 2009.
  • As gotas de mercurio, Lobisome Producións, 2021.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar