NTT Data España

empresa española especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas
(Redirección desde «Everis»)

NTT DATA España, anteriormente coñecida coma Everis é unha compañía multinacional con sede en Madrid, especializada na consultoría de aplicacións tecnolóxicas.

NTT DATA España

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade de responsabilidade limitada
Fundación1996
LocalizaciónMadrid
Persoas claveFernando Francés, Presidente
IndustriaConsultoría Tecnolóxica
ProdutosTecnoloxías da información
Beneficio operativo73,8 millóns de euros (2007)
Beneficio neto13,5 millóns de euros (2007)
Número de empregados6.200[1]
Na rede
https://es.nttdata.com
editar datos en Wikidata ]
Sede de NTT DATA España en Madrid

A consultora abarca os sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, Industria, Utilities & Enerxía, Banca, Seguros e Administracións Públicas. Everis conta con máis de 6.000 empregados e ten oficinas en España, Portugal, Italia, Brasil, Arxentina, México, Chile e Colombia. A facturación de Everis para o ano fiscal 2007 (finalizado no marzo do 2008) foi de 340 millóns de euros.

Historia editar

A empresa naceu en 1996, co nome de DMR Consulting, abrindo as súas primeiras oficinas en España en Madrid e Barcelona. En 1997 creouse a división de Qualitas, co obxectivo de complementar os servizos ofrecidos. Entre 1998 e 1999 iniciouse a expansión internacional do grupo, coas aperturas das primeiras oficinas fóra de España en Santiago de Chile e Lisboa. Esta expansión continuou no 2000 coas oficinas de Milán e Buenos Aires. No ano 2001 tivo lugar a consolidación das actividades en todos os sectores. Abríronse oficinas en São Paulo, México, D.F., Roma e Sevilla.

No 2004 os profesionais de DMR Consulting adquiriron a compañía a Fujitsu co apoio de Apax e FManagers. No 2005 cancelouse a débeda con Fujitsu e abriuse a oficina de Valencia. No 2006 DMR consulting pasou a chamarse Everis. Abríronse oficinas en Bogotá e A Coruña. En decembro os traballadores de Everis pasaron a controlar o 100% da compañía. Nese mesmo ano Everis incorporou como novos socios investidores o fondo de investimento 3i, ao Grupo Corporativo Landon e a un grupo minoritario de pequenos accionistas.

No 2008 trasladáronse ás oficinas de Madrid (La Finca en Pozuelo de Alarcón e Cuzco en Madrid) á nova sede no barrio madrileño de Virgen del Cortijo. Nese mesmo ano abríronse oficinas na Coruña e Bilbao, e o novo Centro de Excelencia para o desenvolvemento de software en Mataró, especializado no desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas.

Notas editar

  1. http://www.everis.es/everis/everis-in-cifras/ "Everis en cifras", artigo en www.everis.es (17 de xaneiro de 2008)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar