Evaristo Antonio Mosquera

matemático e profesor galego

Evaristo Antonio Mosquera Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1834 e finado en Pontevedra en outubro de 1894[1], foi un matemático e profesor galego.

Evaristo Antonio Mosquera
Nacemento1834
 Monforte de Lemos
Falecemento1894
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmatemático
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi profesor de Matemáticas do Instituto de Monforte de Lemos e catedrático dos institutos de Palencia (1871)[2], Ourense (1882) e Pontevedra (1887), do que foi nomeado director en 1891[3]. Foi redactor de La Constancia de Pontevedra e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana.

ObrasEditar

  • Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, 1864.
  • Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, 1872.
  • Reductor métrico y diccionario metrológico español, inglés y norteamericano, 1876.

NotasEditar

  1. Gaceta de Galicia, 27-10-1894, p. 2.
  2. La Correspondencia de España, 26-7-1871, p. 2.
  3. Gaceta de Galicia, 17-3-1891, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar