Euskotren Tranbia

(Redirección desde «EuskoTran»)

Euskotren Tranbia (antes coñecida como EuskoTran) é unha das catro marcas comercias baixo as que opera a sociedade pública Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A., pertencente ao Goberno Vasco. Euskotren Tranbia opera os servizos tranviarios, mentres que as outras marcas comerciais, Euskotren Trena, Euskotren Autobusa e Euskotren Kargo, son as encargadas da explotación dos servizos de tren, dalgunhas liñas de autobuses, e das mercancías.

Estación de Abandoibarra
Unha unidade de EuskoTran circulando polo peirao de Uribitarte (Bilbao)

Rede e correspondencias

editar

Liñas

editar
Liña  Lonxitude total  Estacións en servizo  Total de estacións  Concello
A - Atxuri / La Casilla  6,44 km  14  14  Bilbao
Angulema / Abetxuko / Landaberde  9 km  -  17  Vitoria
UPV / Leioa / Urbinaga (Proxectado)  5,68 km  -  11  Leioa e Sestao
Bergara / Oñati / Eskoriatza (Proxectado)  28 km  -  32  Bergara, Arrasate, Aretxabaleta, Eskoriatza e Oñati
 Total  49,12 km  14  75

Tranvías principais

editar

Conexións

editar

Traxectoria de Euskotren Tranbia

editar

Actualmente en Euskadi, Euskotren Tranbia explota o tranvía de Bilbao, esperando de que o tranvía de Gasteiz sexa inaugurado o próximo mes de decembro (2008). EuskoTran nace de forma paralela co metro lixeiro da capital biscaíña. O 27 de maio de 1999 inícianse oficialmente as obras, para inaugurar o primeiro treito o 18 de decembro do 2002, Atxuri-Uribitarte, con seis paradas. O 30 de abril do 2003 sería ampliada coa parada Guggenheim. O 24 de xullo do 2003 entran en funcionamento catro paradas máis, as correspondentes ao tramo Guggenheim - San Mamés. Finalmente, no 2004, a liña amplíase coa parada Basurto.

Estacións da Liña A

editar
 
Plano de Euskotren Tranbia en Bilbao, con correspondencias.
 

Proxectos

editar

Ampliación da liña A (Tranvía de Bilbao)

editar

Etxebarri

editar

Co troco de estación terminal dos comboios de EuskoTren de Bilbao-Atxuri a San Nicolás, no 2012, a estación de Bilbao-Atxuri só dará servizo ao tranvía, e este prolongarase, empregando as vías que hoxe en día utiliza EuskoTren, até chegar á estación de Etxeberri de EuskoTren.

Anel tranviario

editar

O tranvía de Bilbao será unha liña circular con dous ramais (Atxuri-Etxebarri e Zorrotzaurre). Para pechar o anel tranviario levarase a liña, a través das rúas Autonomía e Hurtado de Amézaga, até a Praza Circular.

Zorrotzaurre

editar

Con la rexeneración de Zorrotzaurre, que comezará no 2010, preténdese levar o tranvía até a futura illa, veléndose da Ponte Euskalduna, ampliando así a liña cun total de catro novas paradas.

Tranvía de Vitoria - Gasteiz

editar
 
Plano do tranvía de Gasteiz

Trabálles na construción do Tranvía de Vitoria que conectará os barrios de Abetxuko, Lakua co centro da cidade en tan só 13 minutos, con 17 estacións. As obras foron licitadas no 2006, e despois do verán comezaron as obras. O tranvía de Gasteiz discorrerá nun treito común no centro de Lakua con seis paradas, para máis tarde bifurcarse a Lakua, con outras seis paradas e a Abetxuko, con cinco paradas.

Estacións do tranvía de Gasteiz

editar

Ramal Lakua

Ramal Abetxuko

Tranvía do Deba

editar

O tranvía do Deba será un tranvía interurbano, e as obras estarán divididas en tres fases. Contará con 32 estacións. A primeira fase, Bergara - Aretxabaleta (pasando por San Prudencio e Arrasate) terá 19 paradas: seis en Bergara, nove en Arrasate e tres en Aretxabaleta.

A segunda fase, rematada a primeira, será Aretxabaleta - Eskoriatza, con tres estacións máis.

A última fase será San Prudencio - Oñati, cun total de 10 paradas.

 
Plano de EuskoTran en Leioa e Sestao, con correspondencias e tramos en proxectos.

A liña de tranvía UPV - Leioa - Urbinaga terá un total de 11 estacións, e estará dividida en dúas fases. A primeira fase unirá o Campus da Universidade do País Vasco (con dúas paradas) coa estación de metro de Leioa, na Liña 1 do Metro de Bilbao, e contará cun total de 9 paradas. Está previsto que esta fase sexa operativa no ano 2011. As paradas previstas para o treito Leioa-Universidade son:

  • Estación de Leioa
  • Boulevard Udondo
  • Avenida Sabino Arana (Praza dos Arkupes - Sakoneta)
  • Avenida Sabino Arana (Aketxe)
  • Edificio consistorial (Udaletxea)
  • Rotonda de Sarriena (Colexio das Irlandesas - Altamira)
  • Sarriena (Fronte ao ramal de acceso á urbanización e o colexio Askartza)
  • UPV I (Fronte ao reitorado)
  • UPV II (Final de liña)

Pola súa parte, a segunda fase unirá a estación de Leioa coa de Urbinaga, esta na Liña 2 de metro, con dúas paradas, co que se construirá unha ponte móbil para o tranvía, que unirá as dúas marxes da ría. As paradas para o tramo Urbinaga-Leioa son:

Características dos tranvías

editar
 
O tranvía de Bilbao preto da estación de Uribitarte

A primeira unidade de tranvía foi entregado e EuskoTran o 8 de maio do 2002 dentro dun contrato que supuña a compra de 7+1 unidades. A actual frota de EuskoTran é de oito unidades de tranvía, numeradas do 401 ao 408. Cada vehículo pode transportar a 192 persoas, 50 delas sedentes.

Cada unidade posúe unha lonxitude de 25 metros e incorpora 4 portas de entrada e saída en ámbolos dous lados, o que permite reducir os tempos de parada. As entradas sitúanse a rentes da plataforma, o que facilita a entrada a persoas con mobilidade reducida. Como apuntamento adicional o tranvía 408 consta de piso baixo na totalidade da súa lonxitude e está considerado como patrón, xa que contas dun bogie central motorizado en lugar dos extremos motorizados. Este avance posibelmente sexa aplicado nas novas unidades que vaia a ser fabricadas para Gasteiz.

Entre os equipamento de cada unidade cabe destacar o aire acondicionado, calefacción, paneis informativos e a megafonía centralizada.

Tipos de billetes e prezos (2008)

editar
  • Ida: Custa 1,10€ e é válido para unha viaxe de ida en EuskoTran.
  • Familia Numerosa: Ten un prezo de 0,80€ para tipo Xeral e de 0,50€ para tipo Especial.
  • Día: O seu prezo é de 3€ e permite viaxes ilimitadas en EuskoTran durante o día da súa adquisición.
  • Creditrans: Posúe un custo de 0,60€ por cada viaxe.
  • Bono 10 Reducido: O seu uso está limitado a persoas maiores de 65 anos e persoas con discapacidade superior ao 65%. Para efectuar a compra deste billete é preciso ter o carné de cliente de EuskoTran. O billete sempre debe ir acompañado polo carné de cliente, xa que é persoal e intransferible. Este billete permite 10 viaxes dentro da rede de EuskTran e a súa validez é dun ano dende o momento da súa merca. O seu prezo é de 2,60€.
  • Universal 10: A súa utilización está limitada ás persoas maiores de 65 anos e persoas con discapacidade superior ao 65%. Para efectuar a compra deste billete é necesario ter o carné de cliente de EuskoTren. O billete sempre debe ir acompañado polo carné do cliente, xa que é persoal e intransferíbel. Este billete permite 10 viaxes tanto dentro da rede de EuskoTren como a de EuskoTran e ten unha validez dun ano dende o momento da compra. O seu prezo é de 3,75€.

Ademais é posíbel adquirir billetes combinado EuskoTran + EuskoTren. Os prezos varían segundo a orixe e o destino.

Tranvías decorados

editar

Por diversos motivos os tranvías poden verse ornamentados eventualmente, levando durante unha temporada unha estética diferente á habitual.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar