Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.

Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, S.A. é unha sociedade pública do Goberno Vasco creada en 1982[1] para operar as liñas de ferrocarril de vía normal dentro da Comunidade Autónoma do País Vasco, acorde coas competencias do Estatuto de Autonomía do País Vasco.[2]

Logotipo da empresa
UT200 de Euskotren

As marcas editar

Desde a década de 1990, o operador adopta o nome comercial EuskoTren,[3] e a partir de 2011 engloba todos os seus servizos baixo o logotipo aglutinador euskotren.[4]

A empresa opera diferentes servizos de transporte baixo as marcas Euskotren Trena, Euskotren Tranbia, Euskotren Autobusa e Euskotren Kargo.[5]

Euskotren Trena editar

Artigo principal: Euskotren Trena.

EuskoTren foi, ata abril de 2012, a marca comercial con que se coñece aos servizos ferroviarios de pasaxeiros. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTren pasa a denominarse oficialmente Euskotren Trena.

Liñas operadas por Euskotren Trena editar

1D Atxuri-Bilbao - Ermua Durangaldea
1K Ermua - Amara-Donostia Kostaldea
1T Ermua - Azitain-Éibar Tranbia
2 Lasarte Oria - Hendaia Topo / metro donostialdea
3 Atxuri-Bilbao - Bermeo Urdaibai
4 Zazpi Kaleak-Bilbao - Lezama Txorierri
5 Escontrilla - Larreineta Funicular
6 Lasao - Azpeitia Tren de Vapor
L3 Etxebarri-Norte - Matiko Liña 3 de Metro Bilbao (en construción)
L3» Matiko - Aireportua Conexión ferroviaria co Aeroporto de Bilbao (en construción)

Euskotren Tranbia editar

Artigo principal: Euskotren Tranbia.

EuskoTran foi a marca comercial dada aos servizos de tranvías de Euskadi. En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoTran pasa a denominarse oficialmente Euskotren Tranbia.

A implantación das novas marcas de Euskotren comezou con Euskotren Tranbia en Bilbao, aproveitando a ampliación da liña de tranvía que entrou en servizo o 25 de abril de 2012. Coa posta en marcha do novo tramo, levouse a cabo a actualización do material gráfico de información aos viaxeiros, utilizando xa a nova marca.[6]

 
Unidade de Euskotren Tranbia en Bilbao.

Liñas operadas por Euskotren Tranbia editar

Atxuri - La Casilla Tranvía de Bilbao
Angulema - Ibaiondo Tranvía de Vitoria
Angulema - Abetxuko Tranvía de Vitoria
Leioa - UPV/EHU Tranvía de Leioa (en construción)

Euskotren Kargo editar

Artigo principal: Euskotren Kargo.

EuskoKargo foi, desde 2007, a marca comercial destinada ao transporte de mercancías polas liñas ferroviarias vascas.[7] En abril de 2012 englóbanse as distintas marcas de Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos, e EuskoKargo pasa a denominarse oficialmente Euskotren Kargo.

 
Plano das liñas de Eusko Trenbideak. Os tramos sinalados con trazo branco intermitente atópanse en construción, en obras ou fóra de servizo.

Euskotren Autobusa editar

Artigo principal: Euskotren Autobusa.

Euskotren opera liñas de autobús interurbanas en Biscaia (integradas no servizo de Bizkaibus da Deputación Foral de Biscaia), e en Guipúscoa (integradas no servizo de Lurraldebus da Deputación Foral de Guipúscoa).

Liñas de Euskotren en Bizkaibus editar

  • Subcomarca de Marxe Dereita
    • A3411 Bilbao - Getxo
    • A3413 Bilbao - Getxo - Azkorri
    • A3414 Bilbao - Getxo (Por túneles de Archanda)
    • A3422 Las Arenas - Berango
    • A3451 Las Arenas - Plentzia - Armintza
    • A3471 Getxo - Gurutzeta/Cruces por Fadura
    • A3472 Puente Colgante/Bizkaia Zubia - Gurutzeta/Cruces
  • Subcomarca de Marxe Esquerda
    • A2315 Santurtzi - Portugalete- UPV/EHU
    • A2316 Sestao - UPV/EHU
    • A2326 Cruces/Gurutzeta - Barakaldo - UPV/EHU
    • A2336 Muskiz - UPV/EHU

Liñas de Euskotren en Lurraldebus editar

  • Comarca de Urola Kosta
    • Zumaia - Hospital de Zumárraga
    • Azkoitia - Tolosa
    • Azkoitia - Zarautz
    • Zumaia - Zarautz - Donostia/San Sebastián
    • Orio - Aia
    • Deba - Itziar
  • Comarca do Bajo Deba
    • Mallabia - Ondarroa - Deba (Itziar)
    • Azpeitia - Ermua
    • Soraluze - Hospital de Mendaro
    • Éibar - Elgeta
    • Éibar - Arrate
    • Éibar - Elgoibar Express
    • A liña Azitain - Amaña non está integrada en Lurraldebus. Corresponde a Udalbus, a empresa de transportes urbanos de Éibar.

Notas editar

  1. Boletín Oficial del País Vasco http://www.garraioak.ejgv.euskadi.net/bopv2/datos/2007/04/0701990a.pdf
  2. Estatuto de Autonomía do País Vasco - Artículo 10.32 http://www.parlamento.euskadi.net/pdfdocs/c_estatuto.pdf Arquivado 07 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  3. Historia de EuskoTren http://www.euskotren.es/es/euskotren/historia Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
  4. Logotipo aglutinador - http://www.tellevamosdentro.info/logo_aglutinador.php?idioma=1 Arquivado 08 de xullo de 2012 en Wayback Machine.
  5. Euskotren redeseña a súa imaxe para reforzar a súa identidade como operador integral de transporte http://www.euskotren.es/es/node/1691
  6. Euskotren, nova imaxe | Implantación http://www.zurebideberean.info/implantacion.php?idioma=1[Ligazón morta]
  7. Información Corporativa EuskoKargo http://www.euskotren.es/es/servicios/euskokargo Arquivado 10 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar